1ª LIGA DE DEBATE: SUBCAMPIÓNS!!!

Os resultados da equipa do IES BECERREÁ case non poden ser mellores. Só case, porque na final a fortuna -a mesma que tivéramos do noso lado xa que chegamos a final imbatidos- decidiu abandonarnos.

En realidade non foi só cousa de fortuna, tamén dos nosos rapaces - Sarai, Andrea, Diego e Foncha - que parecía ue levaban toda a vida competindo en ligas de debate. Tampouco debemos esquencer a todas e todos aqueles sen cuxa colaboración tería sido todo moito máis dificil: Darya, Vanessa, Anduriña e todos os que se quedaron para botar unha man. 

A 1ª Liga de Debate foi difundida por diversos medios: TV Local de Compostela, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Progreso, en Radio Voz e na TVG, e pódense ver vídeos e fotos en www.ligadebate.com e, tamén, en www.crtvg.es.

Os días 18, 19 e 20 de Abril de 2008 se realizou o debate sobre un tema, que se coñece con antelación e pode se analisado e racionalizado. Nesta ocasión foi o seguinte: "Deben prevalecer a seguridade pública sobre as libertades individuais?". Dúas posicións posíbeis: a favor ou en contra, máis ilimitadas posibilidades para xustificar razoadamente cada unha delas. Dúas equipas, formadas por rapazas e rapaces e por un profesor ou profesora, que defenderán, cada unha delas, unha das dúas perspectivas se saber cal ate uns minutos antes do debate. E. finalmente, n xurado que avalía cal dos puntos de vista foi mellor argumentado, dacordo cuns criterios fixados regulamentariamente. Esta é a dinámica da competición que, polo démáis, se desenvolve segundo un padrón deportivo: fase preliminar, cuartos de final, semifinais e final.