VIAXE A PADRÓN E CORRUBEDO

O pasado día 3 de abril, os alumnos de 4º ESO fomos visitar a casa de Rosalía de Castro en Padrón e as dunas de Corrubedo. Foi unha fermosa viaxe; pasamos por Padrón, donde fumos ver a fermosisisisisisima casa da nosa ben querida escritora defunta Rosalía de Castro.

A casa era grande e de pedra; primeiro visitámola por dentro e alí puidemos ver cadros, fotos, agasallos que lle fiseran a Rosalía e o seu marido (Manuel Murguía), e tamén as súas pertenzas, como a cama, a roupa ... na que tiña un gusto escepcional para vestirse. Máis tarde vímola por fora, onde había unha prensa do viño e un árbol grandísimo (que lles regalaran) para descansar (dician).

Tamén pasamos por Corrubedo, unha fermosa localidade á beiriña do mar. Alí puidemos observar as coñecidas Dunas de Corrubedo. Coa visita ó Parque Natural puidemos comprender a importancia deste: especies autóctonas, fermosas praias (unha delas nudista), o fozamento dos xabaríns, etc. Xa de volta para Becerreá (City) no autobús, para distraernos, cantamos ó son dos tambores, xogando "Ao pé da letra" charararara... . Tamen hai que incluir neste comentario as diversas queimadurars que sufriron algúns dos nosos compis. Pasámolo moi ben, e esperamos repetir ( a poder ser) a próxima semana.