ENTROIDO NO IES DE BECERREA

Como todos os anos por estas datas, o día 1 de Febreiro do 2008 celebrouse no IES de Becerreá o Entroido, no que houbo unha gran participación, tanto nos disfraces como na creación de tartas ou doces, encargándose dasúa organización este ano os alumnos de 4º da ESO.
- En primeiro lugar houbo o concurso de disfraces, no que participaron profesores e alumnos.

    
- De seguido comezou o concurso-degustación de tartas, no que había unha grande variedade de doces e de tartas, obtendo o primeiro premio a "Tarta de castañas".

- Logo celebrouse o concurso de mascotas, no que cada clase fixo e presentou unha, quedando a gañadora todo o curso exposta, botándose o resto ó lume xunto ó espantallo.