COMO SE FAI UNHA PELÍCULA? DA IDEA Á ESTREA.

Polo noso centro pasaron Ariadna, Alejandro, Manuel e Adrián para explicar ao alumnado de 3º da ESO o proceso de desenvolver, producir e realizar unha longametraxe documental  baseándose na súa experiencia, desenvolvendo a historia das "Movidas" (VER FOTOS). O obxectivo é darlles a coñecer as "Movidas da Fonsagrada" (ano 1992), así como animar ao alumnado a mirar ao seu arredor e facer cinema co que teñan a man (os teléfonos móbiles son ferramentes útiles para gravar e editar). Así puxenron en común con nós a idea orixinal que hoxe é o filme "360 Curvas",un proxecto de longametraxe que acaba de recibir a máxima puntuación nas Axudas ao Talento Audiovisual Galego da Axencia Galega de Industrias Culturais.

Esta película ten tamén unha finalidade divulgativa, tomando como referencia os conflitos sociais coñecidos como as Movidas, que representan unhas protestas pioneiras contra o desmantelamento agrario e a perda de servizos e poboación no rural. Estes obradoiros son unha boa oportunidade para dar a coñecer esta historia —case esquecida— entre o público mozo da provincia de Lugo e tamén para falardos temas que contén, aínda de máxima actualidade.