EXALUMNOS/AS DO IES DE BECERREÁ TRIUNFAN NA FASE CLASIFICATORIA DO PARLAMENTO XOVE UNIVERSITARIO.

Os catro exalumnos/as do noso  centro que se poden ver na foto participaron o sábado 18 de marzo na fase clasificatoria deste torneo de debate (https://xuventude.xunta.es/parlamento-xove), dentro da modalidade que acolle ao alumnado universitario. Repártense en dous equipos distintos. Así, Lucía García, Marcela Miñambres e Alba Busto forman parte do mesmo equipo, que comparten con outro antigo participante neste torneo como estudante de Secundaria e Bac doutro centro lucense. Pola súa parte, Xoel forma parte dun equipo ao que se suman outras tres compañeiras súas da Facultade de Xornalismo. Este último equipo acadou o primeiro lugar nesta fase clasificatoria, na que se seleccionan os equipos que acudirán á fase final (a desenvolver no Parlamento de Galicia). Pola súa parte, o equipo das tres exalumnas acadou o terceiro posto, polo que teremos oportunidade de ver aos catro na fase final de Santiago. É tamén salientable que outros cinco exalumnos/as do IES de Becerreá participan nesta edición, pero no seu caso formando parte dos equipos de xuíces que valoran e puntúan as intervención dos equipos nos distintos debates que protagonizan: Paula Álvarez, Martín Núñez, Tamara Simón, Gabriela Rodríguez e María Núñez. Parabéns a todos/as pola súa participación neste torneo desde distintos ámbitos, o que vén a demostrar que a semente da oratoria prendeu forte neles desde a súa participación nos equipos de debate do IES de Becerreá.

EXALUMNOS/AS DO IES DE BECERREÁ TRIUNFAN NA FASE CLASIFICATORIA DO PARLAMENTO XOVE UNIVERSITARIO.