REMATA A FORMACIÓN DO NOVO ALUMNADO MEDIADOR EN CONFLITOS ESCOLARES

Nos meses de xaneiro, febreiro e marzo desenvolveuse este curso de formación no que participaron voluntariamente 10 alumnas e alumnos do noso centro, que agora pasarán a engrosar o grupo de mediación en conflitos escolares do instituto, sumándose aos tres mediadores e mediadoras que aínda permanecen en activo desde a renovación anterior. Estas novas incorporacións garanten o funcionamento deste grupo durante os próximos cursos, o que resulta fundamental para manter un ambiente de convivencia que nos permita a todos e todas desenvolvernos satisfactoriamente no centro. Aínda que na foto hai dúas ausencias, aquí podedes ver ao grupo coa súa formadora, Berta, quen xa tiña colaborado con nós na formación do primeiro grupo de mediadores/as, no ano 2015. O noso agradecemento a Jimena, Iván, Cristina, Laura Núñez, Laura Montaña, David Montaña, Robert, Mito, David Alonso e Álex, polo traballo desenvolto nestas 6 sesións de formación e pola vontade amosada de axudar desinteresadamente aos compañeiros e compañeiras do centro cando sexa preciso ese apoio.

REMATA A FORMACIÓN DO NOVO ALUMNADO MEDIADOR EN CONFLITOS ESCOLARES