Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

WWW.LINGUAGALEGA.TV

WWW.LINGUAGALEGA.TV é un espazo creado por Acuarela Comunicación SL para a divulgación e promoción da lingua galega.

Os seus obxectivos son:

Producir contidos televisivos que promovan o uso e o coñecemento da lingua e cultura galega.

Elaborar unha programación que reflicta as diversas accións de promoción da lingua galega que se desenvolven dende as administracións públicas: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; universidades, deputacións, concellos. Prestarase, ademais, un especial interese ao ámbito da emigración e á participación dos colectivos cidadáns comprometidos coa lingua galega: os SNL das diversas institucións, editoriais, produtoras de cine e TV, compañías de teatro, movemento asociativo, ...

Presenta as seguintes canles:

Canle 1: Lingua, cámara e acción!

Canle 2: A lingua galega na sociedade.

Canle 3: Lembranzas e reflexións.

Canle 4: Falemos de...

Canle 5: O vídeo na aula.

WWW.LINGUAGALEGA.TV