Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

AMOR E POESÍA

O 14 de febreiro imos celebrar o Día dos Namorados coas seguintes actividades:

<!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

O CORREO DO AMOR

A semana do 6 de febreiro porase unha caixa do correo no mostrador da conserxería para que introduzades nela as cartas de amor que queirades. As cartas deben levar por fóra o nome do destinatario/a e o curso, así como unha oración relativa ó amor en lingua galega (condición imprescindible para que a carta chegue ao seu destino). Recibiranse cartas ata o luns 13 de febreiro e logo repartiranse polas aulas o martes 14.

 

RECITAL POÉTICO-MUSICAL

O martes 14 na Biblioteca haberá un recital de poemas en galego relacionados co amor, con acompañamento musical algúns deles. Poderá participar o alumnado, o profesorado e o persoal non docente. Haberá un sorteo de agasallos entre tódolos/as participantes.

 

O MURAL DO AMOR

Exposición de poemas de temática amorosa en galego.

 

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

AMOR E POESÍA