Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

I CONCURSO DE LEMAS NORMALIZADORES

 A comezos de curso realizouse entre o alumnado unha enquisa para coñecer os seus hábitos lingüísticos e desta saíron varios datos preocupantes para a nosa lingua. Por un lado, constatouse que o número de alumnos/as galegofalantes baixou e, por outro, que hai unha porcentaxe do alumnado que fala galego na casa e cambia de lingua no instituto. Así pois, o Departamento de Lingua e Literatura Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca convocan este concurso co obxectivo de incrementar o uso do galego no noso instituto.

 

BASES

 

1.-Creación dun lema atraente, en galego normativo, relacionado co fomento do uso da nosa lingua no instituto e dun debuxo orixinal que o acompañe.

 

2.-O alumnado deberá presentar os seus traballos nun folio DIN A4 en formato vertical. Por atrás deberá pór o nome, os apelidos e o grupo.

 

3.-A técnica e o estilo serán libres.

Só se pide que se empreguen como máximo catro cores (negro, azul, vermello e verde).

 

4.-Os traballos deberán ser entregados antes do 16 de abril ás profesoras de lingua galega. Serán expostos durante unhas semanas no instituto antes do ditame do xurado.

 

5.-O xurado estará composto por representantes do alumnado, o profesorado e o persoal non docente.

 

6.-Entregaranse tres galardóns. Premiaranse a creatividade e a sensibilidade lingüística.

1º PREMIO: MP4 e unha camiseta co lema gañador.

2º PREMIO: vale de 20 euros para gastar na cafetería e unha camiseta co lema gañador.

3º PREMIO: vale de 10 euros para gastar na cafetería e unha camiseta co lema gañador.

 

7.-Co traballo premiado en primeiro lugar faranse camisetas, marcapáxinas, carteis ... para promover o uso do galego no noso centro.

 

 

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

 

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA!!!