Saltar navegación.
Inicio
             Ponteareas

Iniciar sesión: Acceso

RECURSOS NA REDE EN GALEGO

 

1.-Correctores ortográficos:

Corrector Golfiño. Corrector gramatical de galego para o paquete ofimático libre OpenOffice.org na súas versións GNU/Linux, Windows e Mac OS con licenza GPL.

 

Corrector Imaxin. Actualización do corrector de galego para Office 2000, Office Xp e Office 2003, incluíndo as últimas normas ortográficas da Real Academia Galega 2003.

 

Corrector ortográfico para OpenOffice.org. Inclúe nesta versión máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos e 300 xentilicios..

 

OrtoGal. Seminario de Lingüística Informática, Universidade de Vigo, 2006-2007. Corrector ortográfico en liña de galego. Límite de caracteres 50.000

 

2.-Tradutores en liña:

 

Open Trad apertium. Seminario de Lingüística Informática, Universidade de Vigo, 2005. Grup d'investigació Transducens, Universitat d'Alacant, 2005. Tradución de texto e páxinas web, español-galego/galego-español.

 

Opentrad (imaxin|software) Opentrad é un sistema de tradución automática de código aberto para as linguas do Estado desenvolvido por un consorcio de empresas e universidades. Os motores de tradución de Opentrad están baixo licenza GPL e os dicionarios baixo licenza Creative Commons. Tradución de documentos e páxinas web, español-galego/galego-español, portugués-galego/galego-portugués, español-catalán/catalán-español.

 

Tradutor da Secretaría Xeral de Política lingüística. Permite traducir ao galego documentos e páxinas web escritos en castelán.

 

Traducíndote. Mellora sobre Opentrad, desenvolvido por un alumno do IES Chan do Monte de Mogor, en Marín, de software libre. O programa permite traducir documentos OpenOffice en varias linguas.

 

-Esgl: ferramenta de tradución automática castelán-galego, galego-castelán, inglés-galego, galego-inglés e os prototipos francés-galego 8e viceversa) e catalán-galego (e viceversa). O acceso é aberto e gratuíto, cun volume limitado (2.500 caracteres). Traduce webs e textos.

 

3.-Dicionarios e vocabularios:

 

Dicionario de pronuncia da lingua galega. Instituto da Lingua Galega. Este dicionario ten a finalidade de ofrecer un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala.

 

Digalego.com. Dicionario en liña da Editorial Ir Indo con etimoloxías; equivalencias en portugués, castelán e inglés; con sinónimos, antónimos e variantes; conxugacións de verbos. Pódese buscar partindo de entradas en portugués, castelán e inglés. Tamén se pode acceder desde o móbil a través de wap.digalego.com.

 

Dicionario e-Estraviz. Léxico común da lingua e léxico patrimonial galego, portugués, brasileiro e doutros países lusófonos.

 

Dicionario da Real Academia Galega.

 

Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGA). Real Academia Galega.

 

Dicionario CLUVI inglés-galego/galego-inglés. 2ª edición. Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo

 

Dicionario italiano-galego. En PDF. Traballo da Área de Filoloxía italiana da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Dicionario galego-alemán. Real Academia Galega

 

Dicionario italiano-galego [sen adaptar á nova normativa] (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades)

 

Vocabulario galego- catalán Universitat de Barcelona

 

Atoparedes máis recursos na páxina da Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia en "O galego nas novas tecnoloxías" http://www.xunta.es/linguagalega/vivir-en-galego: paquetes ofimáticos, sistemas operativos, conversores texto-voz,...

RECURSOS NA REDE EN GALEGO