O IES As Barxas na Mostra de Teatro do Morrazo

O grupo de teatro do Centro participou, como ven sendo habitual, na XIX Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. A obra que representaron foi "O xogo de Green", redactada por Isabel Cascante, que tamén forma parte do grupo de teatro. Dende aquí, felicitamos ao grupo de teatro polo traballo realizado, a Vanesa e por suposto a Isabel Cascante.

O martes 26 de maio volverán a actuar no Auditorio de Cangas. Animámosvos a asistir!!!

(Máis información sobre a XIX Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo)

 

 

 

AdxuntoTamaño
REVISTA_ESCOLAR_IES_AS_BARXAS.pdf6.72 MB