You are hereAnimación á lectura

Animación á lectura


2º PREMIO no Concurso de micro-relatos de VIAQUA

 
 
 
Un ano máis, un alumno do IES Antonio Fraguas resulta premiado no Concurso de micro-relatos que organiza VIAQUA.

ACTO DE NOMEAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 

Onte, 16 de xaneiro, tivemos unha emotiva e agarimosa homenaxe a nosa compañeira Chus Juanatey, falecida hai un ano.

 

Acompañados dos seus familiares e amigos, compañeiros e alumnos de Chus nomeamos a nosa biblioteca co seu nome, Mª XESÚS JUANATEY.

 

Dende esta web, un recordo para todos aqueles que contribuíron co seu traballo á mellora do ensino e do espazo escolar.

PLAMBE Curso 2017/18

 

O IES Antonio Fraguas recibe un ano máis as axudas para o funcionamento da Biblioteca.

COMEZA A ANDAINA CLUBS DE LECTURA

Botan a andar os cinco Clubs de lectura do noso Centro.

Este ano temos:

  • O CLUB DA LIBRETA para adultos.
  • CLUB PTOLOMEO para ex-alumnos/as.
  • LIBERAR ALIBERDADE de 1º e 2º de Bacharelato.
  • UTOPÍA NA VIAXE  de 3º e 4º de ESO.
  • A CHAVE QUE ABRE OS LIBROS de 1º e 2º de ESO.

24 DE OUTUBRO. DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

           Para celebrar este día organizouse unha maratón de lectura na que participaron grupos de todos os niveis educativos do Centro.

Zara y el librero de Bagdad de Fernando Marías no Club Ptolomeo

 Un escritor, trasunto do propio Fernando Marías?, recibe un encargo dun home que ten escrito a súa autobiografía. Demanda que a lea e opine sobre o que Max recolleu no seu libro. Son lembranzas da súa infancia en Barcelona nos anos negros da Guerra civil española. Logo o escritor coñecerá a vida de Zara, unha moza que na actualidade vive unha existencia con grandes parelelismos coa de Max.

Mr. Wyng de A. Baricco nova lectura do Club da Libreta

Logo da estupenda e rica sesión sobre o relato de Javier Marías, as integrantes do Club da Libreta elixiron como lectura do mes, a novela do escritor italiano, Alessandro Baricco, Mr. Wyng.  Relato que, con gran ironía e sensibilidade desenvolve o tema da creación e os seres humanos, como nos descoñecemos e como vivimos... Ë unha lectura que esixe do lector ou lectora unha interpretación personal moi enriquecedora.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos