You are hereCurso 2009-2010 / Biblioteca

Biblioteca


PLAMBE Curso 2017/18

 

O IES Antonio Fraguas recibe un ano máis as axudas para o funcionamento da Biblioteca.

Participación na Xornada de Clubs de Lectura

O pasado venres, a coordinadora do Club de Lectura Ptolomeo, asistiu á Xornada de Encontro dos Clubs de Lectura galegos na EGAP.

O Club Ptolomeo segue a súa andaina

 Un mes máis o Club Ptolomeo de lectores e lectoras do centro elexiu un novo texto narrativo para ler. Neste mes lemos Calzados Lola do autor santiagués Suso de Toro. E este mes temos sorpresa, porque é máis que probable que o autor comparta con nós sesión tertulia.

Novas da Biblioteca...

Tamén este curso o Club Ptolomeo e o Club da Libreta vímonos agraciados coa axuda que otorga a Consellería para fomento da lectura. Esta subvención permítenos desenvolver actividades e mercar libros para a nosa biblioteca.

Levamos xa varias xuntanzas dos lectores e lectoras,  e segue a ser moi gratificante o encontro e o compartir lecturas.

As e o Comenius traballan en Dinamarca pola democracia e a participación estudiantil

 

O alumnado e máis o profesorado que participa no Programa Comenius da UE viaxou a Espergaerden, en Dinamarca, para traballar co alumnado danés, finés, letón e alemán, a participación dos e das estudiantes na vida social, académica e política dos seus países.

Andrea, Ariadna, Andrea, Carmen, Laura e Pablo, e Charo, Chus e Pili, traballando con Sara, Christopher, Emma, Josephine, Marius, etc... informaron sobre a participación do alumnado nos respectivo países.

Feliz aninovo e moita lectura en paz no 2010

 

Logo destas vacacións tan molladiñas, volveremos a encontranos o luns con desexos renovados de convivencia, lecturas e polémica lingüística non?

Os Clubes de lectura retoman a actividade, e o Ptolomeo non quere perder tempo.

O próximo xoves, 14 de xaneiro, ás 18,30,  os e as ptolomeas vémonos na Biblioteca para disfrutar co máis violinista dos detectives, Holmes.  

Bo retorno e feliz aninovo.

Lectura do Club da libreta para o mes de nadal, A elegancia do ourizo

 

 

O e as do Club da libreta, xa temos nova lectura para este mes. Decidimos na xuntanza de novembro que o relato é A elegancia do ourizo, ou La elegancia del erizo,de Muriel Barbery, pódese ler nas dúas versións. Esperamos que dé tanto que falar como o libro de María Reimóndez.

A lectura do mes de decembro do Ptolomeo é... Estudio en escarlata de Conan Doyle

 Lectores e lectoras do Ptolomeo, e lectores e lectoras en xeral.

  Unha vez comentada sen novedade a novela do vampiro Drácula, e con moito doce, a vida de Stoker e a súa criatura, e de ver fragmentos da película de F F Coppola, pasamos a ler, para o próximo mes, o relato de Sir A. Conan Doyle, Estudio en escarlata, que eleximos o mércores pasado.

Primeira xuntanza do Ptolomeo, falaremos de vampiiiros....

  Ola, lectores e lectoras do Ptolomeo estamos xa lendo;  e mañán mércores, 18,  verémonos  ás 18 h. na biblioteca para comentar  Drácula.. Supoño que viredes con colmillos afiados...  Ata mañán. Algúns levaremos allos.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos