Skip to Content

Maqueta da parroquia de Tomiño

O IES de Tomiño presenta, na Aula de Cultura, a maqueta construída, dentro da materia "Proxecto Interdisciplinar", polos 120 alumnos e alumnas que cursaron 1º de ESO, durante o curso 2013-2014.

A maqueta representa, a escala 1/2.000, a Parroquia de Santa Mª de Tomiño e foi construída con pranchas de cartón, a partir do mapa topográfico. O traballo estivo coordinado polos profesores Luís Lechuga e Carlos Villanueva, co apoio da Comunidade de Montes da Parroquia.

 

O resultado final é espectacular!



page | by Dr. Radut