Skip to Content

Aprendendo a cambiar o conto, de novo seleccionada!

 Última hora: "Aprendendo a cambiar o conto" foi seleccionada, por segunda vez, nun festival latinoamericano. Neste caso, tratase da V Edición do “Festival Internacional de Cine por la Equidad de Género.  Mujeres en Foco”, que vaise celebrar do 25 de setembro ao 1 de outubro na cidade de Buenos Aires. A curta, protagonizada polo noso alumnado, concursará na sección “Infancia e Xuventude”.

 

 

 

Aprendendo a cambiar o conto, a experiencia audiovisual sobre igualdade de xénero protagonizada por rapaces e rapazas do IES de Tomiño e dirixida por Marta Piñeiro, foi seleccionada no 6ª Festival Latinoamericano de Curtametraxes Imaxes Sociais que se celebrará do 13 ao 16 de Agosto en Arxentina. Proxectarase fóra de concurso dentro da sección Mostras Especiais con obras de Arxentina, Colombia, Venezuela, Brasil e Chile.

 http://imagenesocialesfest.blogspot.com.ar



page | by Dr. Radut