Skip to Content

Programa YAM no IES Antón Alonso Ríos

O noso IES foi seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para formar parte da rede galega de centros que desenvolverán o Programa de prevención do suicidio na mocidade 2023-23, cofinanciada pola Unión Europea.

O programa impleméntase a través de YAM (Youth Aware of Mental Health) que significa Xuventude Consciente da Saúde Mental. YAM é un conxunto de iniciativas escolares dirixidas á xuventude de 3ºESO nas que aprenden e debaten sobre a saúde mental baixo a dirección e supervisión de profesionais orientadores da Consellería de Educación e profesionais da saúde mental do SERGAS.

Para este curso 2023-24 o IES Antón Alonso Ríos será un centro de “control”, polo que o programa soamente consistirá na realización de enquisas por parte do alumnado. No curso 2024-25, e en adiante, o noso centro pasará a ser centro de “intervención”, o que implica a intervención directa nos grupos de 3ºESO por parte dos profesionais especializados no programa.

Ao longo do mes de xaneiro as familias e responsables do alumnado participante serán convocados a unha reunión informativa sobre o programa e se lles solicitará a autorización para que o alumnado poida participar no programa.

Para máis información sobre o programa poden consultar a páxina do programa YAM na seguinte ligazón: https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/YAM?idioma=es ou pódese descargar o folleto imformativo para as familias premendo na seguinte imaxe:

 

Probas de acreditación de nivel en linguas estranxeiras

 

A Xunta vén de convocar as probas de cerfitificación en linguas estranxeiras coas que o alumnado ten a posibilidade de obter unha acreditación oficial nunha lingua estranxeira, que preferentemente será a lingua que cursa como 1ª lingua estranxeira. 

Xustificación de ausencias do alumnado

Na seguinte ligazón pódese descargar o documento para a xustificación de faltas de asistencia do alumnado. Recórdase que, dacordo co Procolo Educativo para a prevención e o control do absentismo en Galicia, e segundo está recollido nas NOF do centro, as ausencias terán consideración de xustificables nos seguintes casos:

a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.

b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.

c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.

d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos ao mes.

e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

A xustificación das faltas de asistencia a clase do alumnado realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado, acompañando, segundo proceda, do xustificante ou documento acreditativo pertinente.

Calendario Escolar Curso 2023-2024

Este é o calendario escolar do curso 2023/24 para o noso centro. Podedes descargalo premendo na seguinte imaxe:

 

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS

REUNIÓN COAS FAMILIAS

 

O vindeiro luns 18 de setembro terá lugar a recepción de familias onde poderedes coñecer ao profesorado titor. Na reunión cada titor/a dará información xeral relativa ao centro,  calendarios, funcionamento, etc. Aconsellamos que vos cercioredes do grupo no que se atopan os vosos fillos e fillas para ir directamente á aula de referencia.

A reunión do alumnado da ESO e de Bacharelato terá lugar ás 18:30h.

As reunións do alumnado de Ciclos ás 19:00h. 

LISTADO DE LIBROS CURSO 2023/24

Para acceder ao listado de libros de texto para o vindeiro curso, preme no seguinte enlace:

LISTADO DE LIBROS CURSO 2023/24

Distribuir contido


by Dr. Radut