Skip to Content

Actividades curso 2016-2017

Actividades curso 2016-2017

Música na escola

     
 

O alumnado de 2º de ESO asistiu o xoves 26 de xaneiro no Auditorio Municipal ao concerto ofrecido pola Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-Trad). Este acontecemento, ao que asistiron preto de 200 escolares, enmárcase no programa do Concello de Vigo "Música na escola".

 
     
 

 

Baixo o tema "Migrasóns" a E-Trad fixo un percorrido pola historia da música tradicional galega dende as cantigas medievais, pasando polos cantos de seitura, as muñeiras, os pasodobres, polcas e cantos corais. Esa evolución mostra a mestizaxe tanto de instrumentos como de sons entre músicas tan nosas como dos demais.

 
     
     
   
     
     
 

 

 

 

 

Museos Científicos de Coruña

     
     
 

 

Este luns, coincidindo cun magnífico día soleado, o alumnado de 3º ESO acompañados por profesores do centro, visitaron os Museos  Científicos Coruñeses.   Puideron aprender mentres  se divertían  grazas a interesantes actividades interactivas na Domus e na Casa das Ciencias; observar miles de peixes de distintas especies (incluíndo un gran exemplar de tiburón toro) pasando diante dos nosos ollos; focas que se mergullan unha e outra vez na gran piscina  e nos miran xoguetonas…

“Pequenos Xigantes” unha fermosa película en 3D, adentrounos nos perigos  cos que cada día conviven pequenos animais do bosque e do deserto. E para rematar, o planetario transportounos a un espectacular  ceo estrelado no que aprendemos a recoñecer  planetas, constelacións, estrelas …

Pódese  ver aquí unha pequena reportaxe.

 

Foi un día moi ben aproveitado!!

 
     
     

"Cousas" de Castelao

     
 

 

 

 
 

O pasado mes de decembro o alumnado de 4º da ESO foi ver unha dramatización de "Cousas" de Castelao a cargo do grupo "Os Quinquilláns". En xeral, mozos e mozas gozaron da representación... Estas son algunhas das súas opinións:

"Gustoume moito a maneira en que fiaron a historia, xa que dous únicos actores, axudados dun burro-narrador, interpretaron cinco lances nos que facían referencia a moitos dos relatos do libro mesturados: "O Rifante", "O pai de Migueliño", "A Marquesiña", "Volveu das Américas un home rico"..." (Sandra Beiro)

"Entre cada lance, un orixinal burro presentaba o seguinte, dándolle un ton cómico cos seus repetidos e alongados "Si, ho", "Non, ho".Un contraste exquisito" (Elvira Fernández)

"A obra é orixinal, moi ben formulada, xa que pasar relatos ao xénero dramático non é fácil" (Lucía Pérez)

"Estivo xenial!! Gustoume moito que enlazasen os relatos, relacionándoos anque no libro non tiñan nada que ver. Recoméndovos que acudades á representación, xa que é moi entretida e, aínda que non se interpretan todos os relatos de Cousas, os seleccionados están moi ben" (Laura Cortés)

"Ao chegarmos, no escenario aparecía un balaústre... O profe Luis e mais eu intentamos averiguar que "Cousa" representarían facendo uso da varanda... Non caemos e... era ben fácil! Era o balcón do Rifante. Moi fácil, si, ho XDXD" (Susana, profe de Galego)

 
     
          
     

Visita a Santiago

     
 

Os alumnos de Historia da Arte de 2º Bacharelato visitaron Compostela o luns 12 decembro para empaparse de arte e historia.

Acompañados polas profesoras Saleta González e Susana García, pasearon polas cubertas de pedra, analizaron o entorno  barroco da catedral percorrendo as rúas do casco vello e tamén gozaron do entorno do CGAC  e San domingos de Bonaval urbanizado polo arquitecto Álvaro Siza.

E aínda tiveron o seu tempo de lecer para encontrarse con compañeiros do curso anterior que xa están na Universidade.

   
 

 

 

Concerto de Nadal

 

   

 
   

 

 

 

Na procura da mellor saída profesional

         
   

Ou alumnado de 2º de bacharelato, acompañado polos seus titores, realizou unha visita ao auditorio Mar de Vigo para coñecer a oferta de estudos universitarios que ofrecen tanto as institucións universitarias galegas como as do resto do estado.

 



É importante elixir o grao universitario que se quere estudar e a universidade onde poder facelo e para iso ou mellor é sentar e falar cos responsables de cada centro para obter información e ter en conta tódalas opcións.

 
         
   

 

 

   

Paixón pola fotografía ...

Xa podedes gozar do traballo realizado polas rapazas e rapaces

que participan na actividade de Fotografía. Está organizada

pola ANPA do centro e reúnense todos os martes pola tarde.

Parabéns a tod@s @s alumn@s e a mestra,

Ana de Francisco, polo voso talento!

 

 

 

 

Imos ao teatro

         
         
       

O día 3 de decembro o alumnado de 1º e 2º de ESO asistíu a unha obra  representada pola Escola Municipal de Teatro no auditorio do Concello de Vigo titulada  A historia de Eva.

 

O espectáculo aborda o tema do bulling escolar, onde se narra a historia de Eva, unha moza estudante con serios problemas de adaptación no seu instituto.

         

 

 

 

Escolas nas ondas...

       
             O noso centro participa ao longo deste curso escolar, xunto a 32 centros mais, no proxecto Ponte ...nas ondas!.
 

 

A actividade ten como obxectivo a formación do alumnado na creación e realización de podcast para a súa posterior inserción nunha plataforma dixital de difusión que poden ser as radios educativas de cada centro onde se desenvolve.

 

Nesta ocasión o alumnado de 3º ESO, coa axuda dun monitor profesional, terá a oportunidade de  iniciarse nas nocións básicas de vocalización e dicción, dramatización, exercicios de roll play, análise de podcasts, aprendizaxe de escritura de textos para ser locutados, uso das ferramentas de gravación e edición de son e como subir o podcast a un adioblog, nube e compartilo.

 

 

Enlaza Vigo contra a violencia de xénero

 

 

 

 
                     
     
 

Desde o convencemento de que a prevención e a concienciación da xente moza é a mellor estratexia contra a violencia de xénero, os alumnos e alumnas  de 3º ESO, acompañados polos profesores Alejandra Pereira, Avelino Iglesias, Alba Domínguez,  Lourdes Pérez e Miguel Vázquez,  participaron na campaña  ENLAZA-VIGO contra a Violencia de xénero, iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

E para sensibilizar a comunidade educativa os alumnos tamén expuxeron as súas reflexións nos espazos comúns do centro. Se queredes ver unha reportaxe do evento, facede clik aquí.

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut