Skip to Content

Actividades curso 2016-2017

Actividades curso 2016-2017

Spectacle en français à l´EOI

 

 

 

 
          
     
 

Le 24 mars 2017, les élèves de Français de 4º ESO sont allés à l'EOI de Vigo avec leurs professeures Françoise et Gemma. Ils ont assisté à “L'Afrique contée” (de Samuel Mountoumnjou), un spectacle très intéressant de divers contes sur l'Afrique et dans lequel le public devait beaucoup participé.

On a bien rigolé!!!

 
     
     

Excursión a Cabo Udra

     
   

 

O departamento de Bioloxía organizou o 5 de abril unha excursión co alumnado de 1º de ESO a cabo Udra. Observamos o ecosistema da zona, as formacións xeolóxicas,  os usos tradicionais que se lle deron na pesca e pastoreo e visitamos a aula da natureza. Estiveron acompañados polos profesores: Margarita Niño, Ana Robles, Loreto Penín, Alba Domínguez e Miguel Fernández.

                                                                                   

 

 

   

   

 

 

 

"A louca historia de Galiza"

       
 

O 17 de marzo o alumnado de 1º de bacharelato acudiu á representación da obra de teatro A louca historia de Galiza, a cargo da compañía Fulano, Mengano e Citano. En forma de gags humorísticos ofrecéronnos un repaso pola nosa historia, comezando pola prehistoria.

A obra arrinca con dous castrexos que mostran un dos leit motiv da obra, a dificultade para antepor as diferenzas por riba do que nos une como pobo.

A romanización, despois o período da monarquía sueva, os conflitos dinásticos e as complicadas alianzas na Idade Media, pasando pola descuberta dos restos do apóstolo Santiago moi perto da cidade que levará o seu nome... ata o século XXI.


A obra conseguía mostrar o paso dunha época histórica a outra con lixeiros pero enxeñosos cambios no vestiario ao igual que alterando eficazmente os escasos elementos da escenografía.


Unha vertixinosa e simpática viaxe no tempo que conseguiu levarnos ata 2016 cun sorriso no rostro, cando non eran gargalladas

 

 

 

   
       
       

Olimpíada Química Bacharelato

Parabéns! a Javier Corral Sertal, alumno de 2º Bacharelato A, polo primeiro posto acadado na fase local  e o cuarto na clasificación xeral da XXXIV Olimpíada de Química, organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

 

 

 

Regueifas 2017

        

 


 

 

    O pasado 10 de marzo celebrouse no Centro Veciñal e Cultural de Valadares o IX Certame de Regueifas no que participaron moitos centros da nosa cidade.

   O IES Álvaro Cunqueiro estivo representado por 12 alumnas e alumnos: Xián Martínez Lorenzo (3ºB), Diego Collazo Iglesias (4ºC), Eva Ramilo Nogueira(1ºD), Lucía Álvarez Puga (1ºA), Elisa Mayla Valesa (1ºC), Antía Fernández Celeiro (1ºA), Daniel Rodríguez Rodríguez (3ºB), Lucas Madera Rodríguez (1ºA), Gabriel López Gil (1ºD ), Judith Fernández Bouzas (1ºA), Jun Liu Liu (1ºC) e Aitana Fernández Domínguez (4ºC).

    Foran seleccionados previamente nun obradoiro, que se celebrou o 9 de marzo, impartido por dous regueifeiros de sona e moi queridos no noso centro, Luís Caruncho e Pinto de Herbón.



    Deses nove participantes, dous pasaron á final, Eva Ramilo Nogueira e Miguel Vidal Gándara, e nela demostraron a súa capacidade para expresaren en verso as ideas e para improvisaren.



   Pero antes de se celebrar ese obradoiro todo o alumnado da ESO tivo ocasión de iniciarse nas regueifas nas clases de Lingua e Literatura Galega. Algúns dos que sobresaíron en cada curso mostráronnos, como lembraredes, a súa arte o día da celebración do Entroido.

 

 

 

Campus da auga - Scholaris 2017

Parabéns! a Carla Cabral Touza, alumna de 1º ESO C, polo premio acadado na III edición do Concurso Fotográfico Campus da Auga- Edición Scholaris, organizado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense.

Baixo o lema "Auga, Ciencia e Desenvolvemento sustentable" o concurso ten como obxectivo tomar conciencia da importancia da auga e da xestión de seu uso.

Aquí podedes consultar as fotos premiadas.

 

 

 

Materiais intelixentes

     
   
     
 

O luns 20 de febreiro a profesora, Marta Cabeza, da Escola de Minas da Universidade de Vigo, foi á clase de Tecnoloxía Industrial  (1º Bacharelato) a dar unha charla sobre Materiais intelixentes.


A charla comezou cunha explicación sobre a constitución e as aplicacións dalgúns materiais intelixentes, coma o nitrinol (material biocompatible utilizado como stent). Despois seguiron unha serie de experimentos, para comprobar as propiedades doutros materiais, coma os que presentan memoria ou observar o que sucede cando introducimos unha barra de ferro en sulfato de cobre…


Aínda que breve, a charla resultou moi interesante.

 

 

 

 

Entroido 2017

     

O venres 24 de febreiro celebraremos o Entroido no instituto. As actividades serán:

  • Concurso de regueifas para os grupos de ESO, organizado polo departamento de Galego.
  • Festival de bailes dirixido polo departamento de Educación Física
  • Concurso de comparsas ao que poderán presentarse todos os alumnos do centro.
   
  

  

     
  Para este último haberá que inscribirse en Vicedirección antes do 10 de febreiro, coas seguintes bases:
  1. Poderase participar tanto en grupo como individualmente
  2. A actuación constará dunha breve coreografía para desfilar que durará uns 2 minutos. Os participantes deben aportar a música para a actuación.
  3. O xurado valorará a orixinalidade dos disfraces e a posta en escea,
   
   

 

 

 

    

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

     
 

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi establecido en España en 1964 polo poeta e pacifista Llorenç Vidal como punto de partida ou apoxeo para unha educación non violenta ou pacificadora. Coincide internacionalmente coa data do 30 de xaneiro de cada ano co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

 

 

O departamento de Filosofía do IES Élvaro Cunqueiro prepara  para este día diversas actividades co obxectivo de  dar a coñecer aos máis pequenos a  personalidade e as accións realizadas por  personaxes  relevantes en prol da Paz. Na imaxe  vemos ao alumnado de 2º ESOna visita á exposición de documentos e xogos creados polo alumnado de Ética e Filosofía do Dereito.

 
     
 

 

 

 

Recreos saudables

   
 

A Consellería de Medio Rural autorizou a distribución de froita para o alumnado do noso centro dentro do seu Plan de consumo de froita fresca nas escolas.

 

O alumnado recollerá unha peza de froita en calquera dos dous recreos da mañá.

 

     As datas de reparto serán: 

               xaneiro (do 23 ao 27)

                febreiro (do 13 ao 17)

                marzo (do 13 ao 17)

 
 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut