Skip to Content

2024/06/10 - Prazos de reclamacións á convocatoria ordinaria de 1º de bacharelato e á extraordinaria de 2º de bacharelato

No seguinte documento poden consultar os prazos para as reclamacións á convocatoria ordinaria de 1º de bacharelato e á convocatoria extraordinaria de 2º de bachareleato.

 

2024/06/06 - Premios extraordinarios ESO curso 2023-2024

Publicación da orde de convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024.

O prazo de solicitudes será dun mes, comezando o 6 de xuño e rematando o 8 de xullo.

No seguinte enlace teñen unha folla informativa da Consellería coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes.

 

 

Musiqueando en Moaña 2024

O pasado luns 3 de xuño desprámonos en barco ata Moaña para encontrarnos cos compañeiros/as do coro do IES A Paralaia.

Tivemos unha fermosa xornada de praia e música, xa que pola mañán disfrutamos dunha ruta sonora co músico local Xavier Blanco, ao longo das praias de Tirán, e pola tarde ofrecemos un concerto conxunto no centro de día da asociación AFAMO.

Agardamos podamos volvernos atopar noutras ocasións!

 

2024/05/29 - Calendario da convocatoria extraordinaria de materias pendentes do curso pasado da ESO e 1º de bacharelato

Xa temos dispoñibles o calendario da convocatoria extraordinaria de materias pendentes do cuso pasado para

 

2024/05/24 - Calendario da convocatoria extraordinaria de 2º de bacharelato e das materias pendentes de 1º de bacharelato do curso pasado

Xa temos dispoñible o calendario de exames da convocatoria extraordinara de segundo de bacharelato e das materias pendentes de 1º de bacharelato do curso pasado.

Concerto Escultor Acuña 2024

O pasado venres 24 de maio o alumnado de 3ºESO que participa no coro ofreceu un concerto aos alumnos de 5ª e 6º do CEIP Escultor Acuña.

Moitos dos membros do coro visitaron de novo o centro onde estudaran e tiveron a oportunidade de saudar aos seus antigos mestres. Todos coinciden en que teñen un gran recordo dos últimos cursos de primaria neste centro, ainda que lles coincidiu coas restriccións sociais por mor da pandemia polo COVID.

Temos que agradecer ao equipo de Lingua de Signos polo tremendo traballo dobrando as letras das cancións que ofrecemos en directo.

Moitas grazas ao CEIP Escultor Acuña pola gran acollida!

2024/05/21 - Apertura do prazo de solicitude de fondolibros

Xa está aberto o prazo para a solicitude de Fondolibros 2024/2025. Poden consultar toda a información en: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

No seguinte arquivo teñen as datas mais relevantes: FONDOLIBROS 2024

 

NOTA IMPORTANTE SOBRE OS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR:

a) As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, as titoras ou acolledoras do alumnado.

b) Nos casos de separación ou divorcio: 

-- Con custodia compartida: a unidade familiar está composta polas persoas proxenitoras e os seus descendente comúns 

-- Con custodia exclusiva: a unidade familiar está composta pola persoa proxenitora que teña a custodia exclusiva e os fillos suxeitos a esta custodia e, de ser o caso, polo novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora. Non se inclúe á outra persoa proxenitora do alumnado.

c) Os/as fillos/as menores de idade. 

d) Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade que estean incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 

e) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos se convivan no domicilio familiar.

 

Reto Muiñeira 2024

Por fin chegou o día! Despois de moito ensaiar, o día 16 de maio celebramos o día da muiñeira coa nosa tradicional competición.

Foi unha mañá moi divertida, bailamos, coñecemos un pouco mellor a nosa cultura e achegámonos ás nosas tradicións. Moitos parabéns a todos o participantes, especialmente aos gañadores!

 

  

Excursión de fin de curso ao delta do Ebro para 4º ESO

O alumnado de 4ºESO foi de excursión fin de curso ao EBRO, dende o 6 de maio ata o 10 de maio. Entre as actividades nas que participaron pódense destacar: barranquismo, ruta en bicicleta, kayak e nadar con atúns. Tamén foron ó Monasterio de Pedra e a Port Aventura.

En todas as actividades en que participamos, felicitáronnos polo comportamento do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut