Skip to Content
 

 

   

 

 

Novo éxito na Olimpíada de Física, outro ano máis!

 

O alumno de 2º de bacharelato do noso instituto Santiago García García, foi seleccionado para representar a Galicia na Olimpíada Española de Física deste ano 2024, despois de celebrarse a fase autonómica organizada polas Universidades galegas o pasado venres 15 de marzo, na que Santiago conseguiu un fenomenal segundo posto pola Universidade de A Coruña.

 

A esta dura proba, ademais de Santiago, presentouse tamén o alumno do noso centro Pablo Pérez Rodríguez. Tanto Santiago como Pablo, dirixidos polo seu profesor de Física, Nono, fixeron un excelente traballo de preparación con encomiable dedicación, sacrificando horas do seu tempo ao estudo dunha física máis complexa e profunda que a impartida habitualmente no nivel de bacharelato.

 

É de destacar tamén que o éxito acadado polo noso instituto é maior se cabe se temos en conta que nos últimos sete anos sete dos nosos estudantes clasificáronse para dito certame nacional; dous deles obtiveron en dita proba nacional unha medalla de prata no ano 2017, outra de bronce no 2022, e, o pasado ano, nada máis e nada menos que medalla de ouro e, posteriormente, mención de honra no certame iberoamericano.

 

Parabéns por este grandísimo éxito, e moitos ánimos para Santiago ante a dura proba que lle espera, competindo cos mellores alumnos e alumnas de física de España,



page | by Dr. Radut