Skip to Content
 

 

   

 

 

Admisión de alumnado para o ano académico 2024/25.

 

Prazo e formas de presentación: do 1 ao 20 de marzo.

 

Presencialmente no centro en horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Luns á tarde de 16:30 a 18:00 horas.

 

 

Ou de forma electrónica na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado con chave 365 ou certificado dixital.

 

 

Modelo de solicitude ED550B

 

 

Documentación a presentar coa solicitude:

 

  • Anexo II – Bis (comprobación de datos e consentimento)
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza ou convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.

 

Lexislación aplicable:

 

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

  • Anuncio sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2024/25 (publicarase en breve)

 

 

Información adicional: 

 

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.

 

 

AdxuntoTamaño
Vacantes 2024-25.pdf27.99 KB


page | by Dr. Radut