Skip to Content

5.1, o noso club de lectura en galego, abre un segundo grupo

Tras moitos anos de éxito, o club de lectura en galego pon en andadura un segundo grupo en horario de mañá da man dos profesores Manuel Corbacho e Ana Garrido.

A primeira sesión será o XOVES, 19 de OUTUBRO ás 12h na biblioteca.

 

As profesoras Azucena Vázquez e Helen Burr seguen acompañando ao grupo en horario de tarde.

A primeira sesión será o MÉRCORES, 18 de OUTUBRO ás 18h na biblioteca.

 

Nalgúns momentos puntuais, os dous grupos xuntaranse para recibir autores ou autoras que nos veñen de visita para presentar a súa obra.

Animádevos a participar no CLUB de LECTURA 5.1.

Para máis información: eoi.vigo.vicedireccion@edu.xunta.gal



page | by Dr. Radut