Skip to Content

Clubs de lectura

Encontros con Autores

Entre as actividades propostas pola Biblioteca nos meses de abril e maio, haberá unha serie de encontros con autores.

  • O luns, 29 de abril ás 19h a escritora Lorena Amkie presenta o seu libro La patata narradora. É un libro de tiras cómicas da autora da saga Gothic Doll. Terá un compoñente interactivo dado que ten un canle de YouTube para axudar a outros escritores. (Aula Polivalente)

  • O xoves, 2 de maio ás 19h a escritora presenta o seu libro Maria Teresa Pereiro, antiga alumna da EOI, presenta o seu libro El tiempo de la sal. É unha novela ambientada en Vigo en 1878. (Biblioteca)

  • O martes, 7 de maio ás 19h a escritora Ledicia Costas visita o club de lectura 5.1 para falar do seu libro Golpes de Luz. (Aula Polivalente)

  • O mércores, 15 de maio ás 19h30 o profesor de italiano Stefano María Mantello presentará o seu libro Cinco Contrasentidos con lectura de fragmentos con acompañamento musical a cargo do profesor de italiano Fabio Angelli. (Aula Polivalente)

Xaponés: Club de lectura

A lectura para a última sesión:

5.1 Club de Lectura: próxima lectura

Rematamos o ano ao grande coa visita de Ledicia Costas o 7 de maio de 2024. Se o grupo da tarde reclama ler un libro máis en xuño, imos buscar un día para facelo entre os exames do mes de xuño.

Toda a información histórica e actual deste club de lectura: 

5.1, o noso club de lectura en galego, abre un segundo grupo

Tras moitos anos de éxito, o club de lectura en galego pon en andadura un segundo grupo en horario de mañá da man dos profesores Manuel Corbacho e Ana Garrido.

A primeira sesión será o XOVES, 19 de OUTUBRO ás 12h na biblioteca.

 

As profesoras Azucena Vázquez e Helen Burr seguen acompañando ao grupo en horario de tarde.

A primeira sesión será o MÉRCORES, 18 de OUTUBRO ás 18h na biblioteca.

 

Nalgúns momentos puntuais, os dous grupos xuntaranse para recibir autores ou autoras que nos veñen de visita para presentar a súa obra.

Animádevos a participar no CLUB de LECTURA 5.1.

Para máis información: eoi.vigo.vicedireccion@edu.xunta.gal

Books Up! Reading Workshop with Ana Sanchez

This year, the aclaimed reading workshop with Ana Sanchez will take place on Monday evenings from 7:30 pm to 9 pm. The full programme can be accessed here. For further information or to sign up, please send Ana an email at asanchezeoidevigo@gmail.com

Don't miss the blog: https://theworddepotlookingfortreasures.blogspot.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut