Skip to Content

Matrícula oficial de alumnado que continúa estudos no curso seguinte

O alumnado matriculado oficialmente que desexe continuar estudos no curso inmediatamente posterior, no mesmo idioma e escola, deberá seguir os seguintes pasos:

1. Acceso ao sistema en liña
O alumnado deberá acceder á aplicación CentrosNet utilizando o seu usuario e contrasinal.
Tamén se habilitará un acceso xenérico: https://www.informaticacentros.com/xunta

2. Reserva da praza
Ao entrar na aplicación, o alumnado verá unha pantalla con información acerca do curso no que lle corresponde matricularse. Debe elixir un grupo dos que se lle oferten.
Unha vez confirmada a elección do grupo, non poderá modificala.
A aplicación xerará un resgardo coas informacións do grupo elixido.
O alumnado tamén recibirá información das taxas que deberá pagar.
A praza quedará reservada e pendente de formalizar.

3. Pagamento das taxas
O alumnado deberá realizar o pagamento nunha entidade bancaria ou de forma telemática, dentro do prazo establecido.
Consulte como se pagan as taxas e os códigos de tramitación para encher os modelos.

4. Formalización e confirmación da matrícula
Toda a documentación necesaria para matricularse deberá presentarse por medio da aplicación en liña dentro dos prazos establecidos.

Por medio da aplicación en liña, o alumnado deberá presentar o resgardo de pagamento de taxas, ademais da restante documentación requirida, dentro do seu prazo.
As persoas que se matriculen responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderan solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
Poderá comprobar se a súa matrícula é definitiva accedendo 2-3 días depois á mesma aplicación e verificando se o seu resgardo figura como "Resgardo definitivo" na parte inferior esquerda.

  • Se o/a solicitante se atopa nalgunha situación que requira a presentación de documentación adicional, deberá facelo a través da aplicación, dentro dos prazos establecidos.
  • O alumnado con dereito a redución de taxas poderá efectuar a súa reserva de matrícula en liña, pero para proceder á formalización da matrícula deberá achegar a documentación xustificativa.

A APLICACIÓN DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA SOAMENTE ESTARÁ ACTIVA NOS PRAZOS INDICADOS CORRESPONDENTES.

Consulte a oferta horaria para o curso 2023-2024



page | by Dr. Radut