Normativa

Uso, Empréstito e Devolucións

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA (descargar como pdf)

Mentres haxa un docente de garda na sala (horario na porta), o alumnado da escola poderá consultar todo o material  da biblioteca.
    NON ESTÁ PERMITIDO:
1.    Entrar con móbiles  ou aparatos de música sen silenciar.
2.    Comer ou beber (excepto auga).
3.    Tirar lixo ou deixar restos de papeis.
4.    Falar en voz alta ou facer ruídos.
5.    Subliñar, manchar ou escribir no material.
6.    Raiar ou pintar o mobiliario.
     É NECESARIO :
1.    Devolver o material utilizado ao seu sitio.
2.    Deixar as mesas e cadeiras colocadas.
3.    Respectar os horarios de apertura, peche e empréstito.

EMPRÉSTITO DE MATERIAL PARA DOMICILIO

1.    O horario de empréstito é exclusivamente o que figura na porta de entrada.
2.   Os empréstitos limítanse a 3 números de rexistro distintos por un período de 15 días. Poderase  renovar sempre que non exista reserva doutro usuario.
3.    Solicitaráselle o empréstito ao docente de garda.
4.    Se o período de empréstito remata en días non lectivos, a devolución pasará ao seguinte día lectivo.
      ATRASO NAS DEVOLUCIÓNS:
En caso de demora poderase prohibir o empréstito de material durante tantos días como se sobrepase o período autorizado.
      PERDA E DETERIORO DE MATERIAL:
Restituirase ou aboarase o importe do material perdido ou deteriorado. No caso de non facelo, perderase o dereito de empréstito.

CAIXA DE DEVOLUCIÓN (descargar como pdf)

  • Dentro da sala da biblioteca atópase un armario ou caixa de devolucións ao carón da mesa de empréstitos para depositar as devolucións cando non se atope na sala un profesor de garda.

  • O alumnado debe deixar un post-it cos seus datos dentro dos seus respectivos materiais: nome completo e data de entrega do material.

É de suma importancia que os usuarios da biblioteca sigan as seguintes pautas:(descargar como pdf)

  • Hixienización de mans ao entrar e saír da biblioteca.
  • Uso da protección facial estipulada polas autoridades competentes.
  • Mantemento da distancia de seguridade.
  • Hixienización dos postos ocupados ao remate da sesión.

BIBLIOTECA CURSO 23-24

CURSO 23/24. IRASE ACTUALIZANDO a información sobre Horario de Empréstito, Funcionamento e Proxecto do Club de Lectura.

Distribuir contido