MATRÍCULA CURSO 2020/21

 

 

*A información proporcionada é un resumo da Circular 3/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2020-2021. 

Renuncias, renuncias á promoción e reclamacións

Renuncias

Para renunciar, descargar aquí o impreso de renuncia e envialo xunto co DNI escaneado a secretaria@eoilugo.gal

  1. O alumnado poderá solicitarlle ao centro a renuncia de matrícula no curso 2019-2020 ata o 30 de xuño de 2020.
  2. A mencionada renuncia non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondente.
  3. O alumnado que renuncie á matrícula nestas circunstancias e desexe continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas como alumno/a oficial no curso 2020-2021, no mesmo curso e nivel en que estivera matriculado, non deberá someterse de novo ao proceso de preinscrición, senón que deberá matricularse do 29 de xuño ao 7 de xullo seguindo as instrucións da Circular de matrícula do curso 2020-2021 (pendente de publicación.
  4. Esta renuncia non suporá a devolución das taxas de matrícula aboadas.

Renuncias á promoción

O alumnado que non estea conforme coa proposta de promoción poderá optar por repetir o curso no que estaba matriculado no 2019-2020. Para isto deberá asinar o documento de renuncia á promoción no prazo de 3 días hábiles dende a publicación da súa cualificación.

Reclamacións

O alumnado que estea en desacordo coa súa cualificación poderá presentar unha reclamación a través desta instancia perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

A dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitará do departamento o correspondente informe, no que deben constar as causas da ratificación ou rectificación da nota, e informará por escrito o alumnado implicado da resolución adoptada.

De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal, no caso de menores de 18 anos, poderá interpoñer un recurso de alzada perante a Xefatura Territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da dirección da escola nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.

IMPORTANTE: FINALIZACIÓN DO CURSO 2019-20

 

1.- Cursos de promoción:

  • A avaliación terá lugar antes do 26 de xuño (avaliación continua, sen exames). A data exacta de publicación comunicarase a través da páxina web, redes sociais e CentrosNet.
  • O alumnado NON APTO terá unha recuperación no mes de setembro.
  • O alumnado APTO que prefira repetir curso, deberá asinar e entregar o documento de “Renuncia á promoción” no prazo de 3 días hábiles desde a publicación dos resultados. Esta renuncia non supón a devolución das taxas. Pode atopar este documento no apartado de Instancias da nosa páxina web (marxe esquerda).

 

2.- Cursos de certificación:

  • As probas de certificación non se realizarán antes do mes de setembro.
  • O sistema de avaliación non se modifica.

 

3.- Alumnado libre

  • O novo prazo de matrícula será do 1 ao 9 de xuño
  • O alumnado matriculado no primeiro prazo (marzo 2020) poderá renunciar á matricula e solicitar a devolución das taxas aboadas. O prazo para esta renuncia será de ata 15 días antes da date de inicio das probas, cando se estableza.

 

4.- Renuncia

  • O alumnado poderá renunciar á matrícula antes do 30 de xuño. A renuncia pode facela achegando o documento de renuncia asinado e unha fotocopia do DNI, por correo ordinario ou electrónico. Pode atopar este documento no apartado de instancias da nosa páxina web (Marxe esquerda)
  • A renuncia non contará para os efectos de permanencia.
  • O alumno que renuncia durante este curso non terá que facer preinscrición e poderá matricularse no prazo que se estableza.
  • A renuncia non supón devolución de taxas.
  • Este ano lectivo non contará para os límites de permanencia de xeito xeral para todo o alumnado, tanto para o que renuncie como para o que non renuncie. Porén, ao alumnado que renuncie non lle constará un “Non Apto/Non Presentado” no seu expediente e para o centro e o profesorado a renuncia é moi útil para xestionar adecuadamente a organización dos exames.

 

5.- That’s English

  • A avaliación de módulos pendentes farase aplicando a avaliación continua.
  • Se o profesorado non tivese suficientes datos, faranse, durante o mes de xuño, actividades telemáticas que lle permitan obter unha cualificación.
  • A recuperación dos módulos non superados farase en setembro.
  • O alumnado dos módulos 4, 8 e 12 realizará as probas de certificación correspondentes (ver punto 2).

 

6.- Alumnado CALC e CUALE:

  • O novo prazo de matrícula será do 1 ao 9 de xuño

 

Ligazón ao documento

Atención ao público

O horario de apertura do centro: 9.00 h a 14.00 h.

As persoas que accedan á EOI de Lugo deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal centro e prestar especial atención á cartelaría, co fin de cumprir en todo momento o disposto no Real Decreto-lei 21/2020, de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19.

 

Estas medidas manteranse ata novo aviso.

 

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración.

 

Oficina de That's English!

HORARIO OFICINA DE THAT’S ENGLISH!

  • Luns de 9.00 h a 14.00 h

Matrícula cursos monográficos 20/21

Son cursos cuadrimestrais de 30 horas que se centran nos aspectos orais da lingua.

 

Para o curso 2020-21, ofrecemos cursos monográficos só en inglés. 

A matrícula para estes cursos está aberta desde o 13 de xullo ata o seu comezo. 

 

Pódese descargar aquí o impreso de matrícula e 

A oferta para este ano académico, pódese consultar aquí.

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar

Syndiquer le contenu