EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

OS REIS MAGOS

AS S.S.M.M. OS REIS MAGOS VIÑERON EXPRESAMENTE DENDE ORIENTE PARA RECOLLER AS CARTAS E A EMOCIÓN DOS NOSOS NEN@S.

MOITAS GRAZAS MAXESTADES!!!


 

NADAL 2021

ÁRBORE DE NADAL

O NOSO GRAN AGRADECEMENTO ÁS FAMILIAS POLO SEU TRABALLO E IMPLICACIÓN NESTA FERMOSA ÁRBORE DE NADAL QUE ENTRE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA CONSTRUÍMOS.

OBRADOIRO DE GALLETAS DE NADAL

Durante a xornada do xoves e o venres fixemos unhas saborosas GALLETIÑAS DE NADAL.

TEMOS UNHOS PEQUESCHEF FANTÁSTICOS!!!

 

ADORNO DE NADAL

As guirnaldas na ÁRBORE DE NADAL da Praza da Constitución lucen así de fermosas.

TRINKE-TRINKE

A compañía de teatro TRINKE-TRINKE da man da mesmiña actriz ISABEL RISCO, no DÍA DA DIVERSIDADE interpretounos unhos divertidos contos onde se fala das profesións dun papá e das diferentes familias.

De novo o noso agradecemento a ANPA por achegar a nosa escola un NOVEMBRO repleto de actividades culturais variadas.

DÍA DA DIVERSIDADE

O día 3 de decembro conmemórase o DÍA DA DIVERSIDADE e dende o departamento de orientación do CEIP INSUA BERMÚDEZ e en colaboración con todos os coles de Vilalba e arredores se quixo homenaxear este día cunha fermosa  canción.

Esperamos que vos guste!!!

SUPERPODERES

Dentro do programa EDUCAR POLA IGUALDADE organizado dende a ANPA. Saímos ao auditorio a ver un espectáculo de danza baseado nos SUPERPODERES que ten o ballet e que así nos trasmite.

MOITAS GRAZAS POLA ACTIVIDADE!!!.

 

IRIÑA BAILARINA

Dentro do programa de EDUCAR EN IGUALDADE promovido pola ANPA, a compañía teatral Ghazafelhos representaron o fermoso conto de IRIÑA BAILARINA. Rimos, bailamos, cantamos e disfrutamos  moito desta sesión de teatro.

 

 

 

EDUCACIÓN PARA IGUALDADE

Durante o mes de novembro a ANPA terceiro ano consecutivo promove un programa de EDUCAR EN IGUALDADE que inclúe diferentes e importantes actividades.

NOVAS MOCHILAS PARA O PRÉSTAMO DE LIBROS.

Distribuir contido