EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

VISITA Á CASA DO MEL

Os peques de 3 anos fixeron a excursión fin de curso Á CASA DO MEL de GoenteÁ ECOESCOLA DAS PONTES.  Puideron disfrutar dun relaxante picnic na praia do Lago.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E ADMITIDAS

 

Informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro, para o curso 22-23, foi admitido. Presentáronse as solicitudes que se indican a continuación:

  • 4º Infantil (3 anos): 38 solicitudes para 50 prazas vacantes.
  • 5º Infantil (4 anos): 0 solicitudes para 19 prazas vacantes.
  • 6º Infantil (5 anos): 0 solicitudes para 34 prazas vacantes.

 

listaxe definitiva de admitidos e admitidas poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

 

Lembramos que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, na secretaría do centro.

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os nen@s de 4 e 5 anos visitaron SANTIAGO DE COMPOSTELA.  Puideron disfrutar dun conto interpretado polo actor Anxo Moure, percorreron os parques máis emblemáticos no tren turístico, e coñeceron de preto a Catedral, a praza do obradoiro e praterías.

Esta saída está enmarcada dentro do PLAN PROXECTA "VEO, VEO XACOBEO". 

OS NENOS DE 4 ANOS

OS NEN@S DE 5 ANOS B

OS NEN@S DE 5 ANOS A

 

XII CARREIRA POLAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres participamos  na "XII CARREIRA ESCOLAR POLAS LETRAS GALEGAS" organizada polo concello Vilalba. Foi unha xornada moi intensa na que corremos, bailamos e cantamos grazas ao concerto de UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA. 

CANTACONTOS CON MIGALLAS

Este venres conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS na compaña da xenial diversión do GRUPO DE TEATRO MIGALLAS. Co seu álbum "CANTACONTOS" os contos, tradicionais ou de creación propia, son amenizados con  cancións, música e baile.

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano adícase O DÍA DAS LETRAS GALEGAS a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁNavogado e poeta galego, nado en 1903 e finado en 1987. 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAÍDA Á CASA DO RATIÑO PÉREZ

O venres, o alumnado de 6º Infantil (5 anos), foi de visita á casa do RATIÑO PÉREZ. Polo camiño tivemos que ir moi atentos e atentas pois tiñamos que atopar pedras coa súa cara. 

 Moitas grazas por abrirnos as portas da túa casiña. Biquiños de queixo!

 

  

 

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

O Sábado 23 de de abril conmemórase o DÍA DO LIBRO en lembraza do pasamento de DON MIGUEL DE CERVANTES, o nacemento e morte de WILLIAM SHAKESPEARE e o falecemento de INCA GARCILASO DE LA VEGA, GRANDES LITERATOS DE RECOÑECEMENTO E LEGADO INTERNACIONAL . 

Dende o cole. como non podía ser de outra maneira, quixemos facer o noso particular homenaxe, co conto BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOSAs profes Belén e Claudia montaron e interpretaron o conto cun teatro de sombras para o deleite de todos os públicos e idades.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

 

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 22-23, informamos que todo o alumnado que solicitou praza neste centro foi admitido

 

listaxe provisional de admitidos e admitidas poderá consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

 

Lembramos que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño

OBRADOIRO DE COCIÑA

Nesta ocasión tan doce fixemos unha fermosa e deliciosa CASIÑA DE CHOCOLATE, que nin os mesmiños HAMSEL E GRETEL se resistirían.

Distribuir contido