EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO ESCOLAR 2015-2016

A Orde  de 12 de Marzo de 2013 regula o proceso de admisión de alumnado nos Centros Públicos.

 

PRAZAS OFERTADAS POLO NOSO CENTRO:

     3 anos: 50 (6 para alumnos con NEE)

     4 anos: 22

     5 anos: 26

 

PERÍODO DE ENTREGA DE SOLICITUDES:    1 ao 20 de marzo.

 

HORARIO:

     Tódolos días de 9:30 a 11:30 h.

     Os martes de 5 a 6 pola tarde

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

   Solicitude, en impreso que se facilita no Centro.

Informe médico.

3 fotografías tamaño carné.

Fotocopia do Libro de Familia da folla do alumno.

Fotocopia tarxeta sanitaria.

Fotocopia cartilla de vacinacións.

   Fotocopia do DNI de nai e pai ou titor/a legal.

   Fotocopia do DNI do alumno/a (no caso de telo).

 

IMPORTANTE:

 

  • Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

  • O alumnado que xa está escolarizado no Centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

  • No caso en que haxa mais demanda que oferta de prazas, será necesario presentar posteriormente a documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo.( O prazo para presentar esta documentación será do 24 de marzo ao 4 de abril).

CRITERIOS XERAIS DE BAREMO:

 a) Existencia de irmás/ áns matriculadas/os no centro.

 b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.

 c) Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dos pais ou titores.

 d) Renda anual per cápita da unidade familiar.

 e) Condición de familia numerosa.

 f) Condición de familia monoparental.

 g) Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado. 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015/2016

1. Presentación de solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo.

2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

3. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril. (No taboleiro de anuncios e na Páxina Web do Centro).

4. Prazo de reclamación ás listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa publicación. Esta reclamación presentarase no Centro dirixida ao Consello Escolar.

5. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio. (No taboleiro de anuncios e na Páxina Web do Centro).

6. Contra a relación definitiva de admitidos e non admitidos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

7. Formalización de matrícula en Infantil e Primaria : do 20 ao 30 de Xuño.

A DIRECCIÓN.