EEI DE VILALB

2º CICLO DE INFANTIL (3-6 ANOS)

 

                                                                                                                                   

 

 

CONCELLO DE VILALBA: AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN

concello de Vilalba informa da publicación das bases e criterios que rexen a adxudicación das axudas de ata 900 euros para as familias que precisen contratar servizos específicos para a conciliación. Son unhas axudas para dar cobertura ás necesidades das familias con menores a seu cargo (de 3 a 12 anos, ou ata 16 cando os menores teñan recoñecida una discapacidade igual ou superior ao 33%).

 

As axudas poderán destinarse á contratación de persoas ou servizos (coidador, ludoteca, servizo de autobús) para atender aos seus fillos e fillas menores fóra do horario escolar mentres os seus proxenitores se atopan traballando. As familias que opten pola contratación dun cuidador, xa sexa directamente ou a través dunha empresa de servizos, poderán pedir unha única axuda aínda que a persoa coide a varios menores. Se a familia opta por contratar centros de ocio ou utiliza a axuda para transporte escolar, poderá solicitar unha por cada menor beneficiario.

 

Estas axudas serán compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, sempre que sumada ao importe deste axuda non se supere o 100% do gasto realizado. Será condición indispensable que a unidade de convivencia careza de rede natural de apoio, considerándose ésta a exercida pola nai ou pai, e será requisito indispensable estar empadroado e ser fillo ou filla de pais empadroados no termo municipal de Vilalba. 

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados dende o seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP, que foi o venres 2 de outubro.

 

Máis información e bases completas: