XOVES, 12 DE MARZO DE 2020
Como medida preventiva fronte ao avance do CORONAVIRUS, a Consellería de Educación suspende a actividade lectiva dende o vindeiro luns 16 de marzo.
Informar ás familias do noso alumnado que mañá, venres 13 de marzo, a nosa escola permanecerá ABERTA (no horario habitual) para recibir o alumnado que, de xeito voluntario, desexe vir.
Calquera novidade ou información que se nos vaia comunicando, iremos informando a través desta páxina web.