Obradoiros internivelares Marzo

Despois do parón do mes de febreiro polo Entroido e a creación de disfraces, voltamos a realizar os nosos obradoiros internivelares. Desta volta foron moi primaverales para celebrar o inicio da estación.

Visita museo

Viaxamos ata Pontevedra para visitar a exposición Vexo Vexo de Afundación, no seu Café Cultural.

Pasámolo pipa vendo e curando as súas obras de arte, creando e dando vida a bechos no obradoiro STEAM e por suposto, merendando e xogango despois na Alameda.

CARANVEXORNAL - 8ª edición

Este ano as nenas e nenos de 5 anos son as presentadoras e presentadores do noso Caranvexornal, os reporteir@s máis dicharacheir@s!

dicharacheir As reportaxes deste telexornal son:

1º Somos protagonistas e convidamos ás familias.

2º Inauguramos o noso columpio inclusivo.

3º Celebramos o Día da Paz coa visita do paiaso Woki, de Galiclown.

4º Imos a Pontevedra ao museo e a un obradoiro Steam.

5º Celebramos o Entroido: O circo de Verducedo!

Entroido 2023

Menudo circo o de Verducedo! Despois de dous anos volvemos a xuntarnos para celebrar o Entroido e desfilar pola vila... e a festa nos podía ser pouca!

Moitas grazas a todas as familias por acercarvos a desfilar con nós!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

O prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2023/2024 será do 1 ao 20 de marzo do 2022.

O modelo do impreso ED550B normalizado atópase ao final desta entrada nun anexo adxunto, aínda que a forma preferente de presentación da solicitude é a  Sede Electrónica (enlace directo ao procedemento) da Xunta de Galicia. As instrucións de como facelo atópanse en arquivo adxunto ao final desta entrada.

De cubrilo en papel, a solicitude deberase presentar no centro educativo que se elixa como primeira opción.

Campaña 21 días en galego

Estimadas familias, infomamos de que se vai celebrar a quinta edición da campaña “21 DÍAS EN GALEGO”, que imos iniciar o martes 1 de marzo.

 Trátase dunha campaña de promoción do uso da nosa lingua organizada polo Concello de Moaña que se vai desenvolver entre o mércores 1 e o martes 21 de marzo, ambos os dous incluídos.

O motivo desta campaña deriva da falta de competencia oral e escrita que o profesorado está a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma que estamos a vivir. 

Listaxe definitiva de alumnado con reserva de praza

Informamos de que todo o alumnado que exerceu o seu dereito á reserva de praza no centro de adscripción -CEIP de Reibón- obtivo praza.

Pódese consultar a listaxe completa co nome e apelidos do alumnado no taboleiro de anuncios que se atopa dentro do noso centro.

Distribuir contido