XIRAREI COS BOLECHAS

Hoxe queremos falarvos do proxecto XIRAREI COS BOLECHAS, para o cal o Concello de Moaña xuntou a dez músicas e músicos vinculados coa nosa vila para crear cinco temas ao redor do libro "Os Bolechas van a Moaña" de Pepe Carreiro (Ed. Bolanda, 2018). Podedes acceder aos temas no enderezo:

https://concellodemoana.org/turismo/xirarei-cos-bolechas/

21 días en galego

Estimadas familias, infomamos de que se vai celebrar a cuarta edición da campaña “21 DÍAS EN GALEGO”, que imos iniciar o martes 1 de febreiro.

Trátase dunha campaña de promoción do uso da nosa lingua organizada polo Concello de Moaña, na que van participar todos os centros de ensino e que se vai desenvolver entre o martes 1 e o luns 21 de febreiro, ambos os dous incluídos. Podedes ver o cartel en ficheiros adxuntos ó final desta entrada.

O motivo desta campaña deriva da falta de competencia oral e escrita que o profesorado está a constatar no noso alumnado por causa do dramático abandono do noso idioma que estamos a vivir. 

 Que vantaxes poderían obterse ao participar nesta campaña? 

 ¤  Conseguir fluidez na súa expresión oral.

 ¤  Está demostrado cientificamente que as persoas que dominan máis linguas teñen máis facilidade para adquirir outros idiomas.

 ¤  A través do galego resulta doado o achegamento ao portugués, o que pode repercutir en beneficios laborais xa que o portugués é a sétima lingua máis falada do mundo.

RESERVA PRAZA CURSO 2022/2023

O prazo para solicitar a reserva de praza nos centros de adscrición para o curso 2022/2023 será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Lembrar que aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Primaria, os centros de adscrición da EEI de Verducedo son o CEIP de Reibón e o CEIP de Seara.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de 3 formas:

  • de xeito manual (ver arquivo adxunto, modelo ED550A)
  • a través da aplicación Admisión Alumnado, no menú Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action

Volta segura ás aulas

Estimadas familias,

Mañá 10 de xaneiro volveremos ás aulas. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén traballando coa Consellería de Sanidade para dar a mellor resposta posible á comunidade educativa nesta situación de alta transmisividade na que nos atopamos.

Os protocolos teñen amosado a súa eficacia polo que é preciso que se sigan aplicando con rigor, tal e como se fixo ata o de agora. Agradecendo o gran esforzo que toda a comunidade educativa está a facer para conter na medida do posible a expansión deste virus, pedimos insistir na prevención, e non enviar aos nenos/as á escola ante a aparición de síntomas compatibles ou posibles contactos. Remando todos na mesma dirección confiamos en saír canto antes desta situación.

Recibide un cordial saúdo.

Felices festas

E casi sen darnos conta... rematamos o primeiro trimestre! Gracias pola vosa responsabilidade e colaboración durante estes meses. Moi felices festas e os nosos mellores desexos para o novo ano ✨

Guías Lectura educación infantil

Un ano máis, compartimos as guías de lecturas para Educación Infantil que elabora a Coordinadora de Equipos de Normalización do Morrazo, coa idea de proporcionar ideas sobre posibles regalos de Nadal.

Podedes descargar a guía no pdfadxunto.


Distribuir contido