CARANVEXORNAL - 6ª edición

Presentamos a sexta edición do noso Caranvexornal que con tanto esforzo realizamos! Nel poderedes atopar os seguintes contidos:

  1. A presentación das nosas clases: a cebra Camila, a eiruga Larpeira e a clase de Fiti
  2. As novidades do noso patio e a nosa corda-tirolina
  3. 21 Días en galego, que foron 21 días con moito amor
  4. O Entroido de superheroes e superheroinas
  5. O día de Rosalía de Castro fixemos un collage pop-art e aprendimos poemas da nosa querida autora.
  6. Na Pascua, buscamos ovos de chocolate que nos deixou o Easter Bunny.
  7. A nosa horta está valeira, onde estarán as fabas máxicas?
  8. O Día do Libro fixemos un quebracabezas de ELMER xigante.
  9. As nosas simpáticas tomas falsas, non podían faltar

Esperamos que o desfrutedes un montón!! A próxima edición será o 16 de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23

Informamos de que todas as persoas que presentaron solicitude de admisión na EEI de Verducedo foron admitidas.

Pódese consultar a listaxe do seguinte modo:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios do centro.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Bye Bye Plástico

Dentro da campaña "Bye Bye Plástico" da Xunta de Galicia, 8 centros educativos de Galicia participamos na primeira película colaborativa en stop motion:

Neste enlace podedes ver a parte que fixemos dende Verducedo:

https://drive.google.com/file/d/1X_VV6rVoRAqCYzGmCyCVme_KzIwlYIv4/view?usp=sharing

E o vídeo completo no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1yqy7oW_LOUGAgR3xGsW2EzNOG-rm8PRd/view?usp=sharing

Entroido no Morrazo

Compartimos a noticia do Faro de Vigo sobre a celebración do Entroido nos colexios do morrazo:

Deixamos tamén o pdf en arquivos adxuntos ao final da entrada para que podades ler a noticia completa se non sodes suscritores.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

O prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2022/2023 será do 1 ao 21 de marzo do 2022.

O modelo do impreso ED550B normalizado atópase ao final desta entrada nun anexo adxunto. Poderase cubrir en papel ou a través da aplicación Admisión Alumnado.

A solicitude poderase presentar no centro educativo que se elixa como primeira opción, ou na Sede Electrónica (enlace directo ao procedemento) da Xunta de Galicia. As instrucións de como facelo atópanse en arquivo adxunto ao final desta entrada.

Distribuir contido