Actividades Extraescolares curso 2022/23

As actividades extraescolares que se levarán a cabo no centro durante o curso 2022/23, de outubro a xuño, serán as seguintes:

LUNS: Nenoos mini 360

MÉRCORES: Mamaluna - expresión artística 

XOVES: Nenoos mini 360

 

Todas elas se levarán a cabo en horario de 16 a 17h.

Calendario Escolar curso 2022/23

No seguinte enlace podedes acceder a toda a información sobre o calendario escolar para o presente curso 2022/2023 na web da Consellería de Educación

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220602/AnuncioG0655-240522-0001_gl.html

Adxunto ao final desta entrada atoparedes o calendario concreto da EEI de Verducedo, que inclúe o 11 de novembro (San Martiño, festivo local en Moaña) e o 2 de maio que solicitamos tódolos centros educativos de Moaña como día non lectivo.

Campaña solidaria recollida de roupa

Un ano máis nos adherimos á campaña solidaria de recollida de roupa, organizada por MARIOLA SOLIDARIA. Tedes a información completa no arquivo adxunto ao final desta entrada.

A data de recollida será o martes 4 de outubro, polo que preferentemente traeredes a roupa ese mesmo día pola mañá, ou a víspera, para evitar acumulación de bolsas no cole. Se precisades máis bolsas que as que enviamos hoxe nas mochilas, podedes pedirnos máis, ou empregar bolsas que teñades na casa.

Plan Madruga

Como cada curso, en Verducedo ofertamos o servizo de Plan Madruga dende as 7:30am ata as 9am, hora en que da comezo a actividade lectiva do centro. Hai posibilidade de ampliar o servizo ás 7am solicitándoo previamente.

Nos documentos adxuntos a esta entrada atoparedes os documentos de alta e de baixa. No documento de alta tedes as tarifas especificadas, pero ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa Federación de ANPAS de Moaña no seguinte enderezo electrónico: federacionanpasarcodavella@gmail.com

Felices vacacións

Queridas familias, podemos estar orgullosos de ter rematado outro curso atípico pero igualmente memorable gracias á colaboración e boa disposición de todas as personas que formamos parte desta comunidade educativa. Desexamos que pasedes un moi feliz verán. Vémonos o 8 de setembro.

MATRÍCULA CURSO 2022/23

O alumnado de novo ingreso que desexe formalizar matrícula na EEI de Verducedo para o vindeiro curso, deberá presentar no centro a seguinte documentación, excepto aqueles documentos que xa entregaran en marzo coa solicitude de admisión:

- Anexo III cuberto (documento adxunto ao final desta entrada).

- 2 fotografías tamaño carné.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a.

- Certificado médico (importante que especifique que ten a cartilla de VACINAS ao día).

- Fotocopia do libro de familia onde consten neno/a e proxenitores (se xa se entregou, non é necesario traerla de novo).

- Fotocopia DNI dos proxenitores.

Distribuir contido