Día da Paz

O 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar da Paz e a non violencia. Este ano tivemos unha visita moi especial, un paiaso de Galiclown viu a visitarnos. GALICLOWN é unha asociación que se dedica a alegrar  un pouco as estancias dos nenos e nenas nos hospitales galegos. Podedes visitar a súa páxina web aquí https://galiclown.org/es/

Para axudalos pedimos a colaboración de todas as familias, que aportaron con moito cariño e non menos esforzo as súas doazóns. Grazas a vós conseguimos recaudar para os paiasos de hospital unha moi xenerosa cantidade !!!

Mirade que ben o pasamos!

Inauguración columpio

Aínda que levamos unhas semanas disfrutándoo, onte inauguramos oficialmente o novo columpio do patio da nosa escola. Despois de máis dun ano xestionando a nova adquisición, hai un mes o Concello concedeu financiación tras coñecer a través da nosa ANPA que precisábamos axuda económica para adquirilo. Gracias a Leticia, Dolo, Gerardo e Loli por acompañarnos, e a tódalas persoas que nos axudaron a facer deste proxecto unha realidade. Agora só queda desfrutar do noso patio, cada vez máis inclusivo e libre de barreiras.

 https://www.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid08PkUsh2iKToC6q7Bjynkp9TRZpfBmFRYQdupUoBqQTpL6MMEP2pUYtb14DeWyacPl&id=100064477758622&_rdr

Obradoiros internivelares xaneiro

Os primeiros obradoiros internivelares do ano chegaron con moooooita neve, uns atascos do máis colorido e uns animaliños do mar que nos encantou pescar!

 

Día da Paz

Queridas familias, como sabedes, este curso estamos a traballar o Circo como proxecto anual de centro. Seguindo esta temática, contactamos con GALICLOWN, unha asociación sen ánimo de lucro de paiasos hospitalarios, que coas súas visitas tentan facer as estancias dos máis pequenos o máis levadeiras posible.

O Día da Paz, que celebraremos o luns 30 de xaneiro, virán a Verducedo a deleitar ao nosos nenos/as co seu bo humor e bo facer.

 A súa labor é posible gracias ás doazóns que reciben. Animámosvos a colaborar con eles e agradecerlles dalgún xeito a súa visita aos nosos nenos/as mediante o voso donativo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Reserva plaza para centros de adscripción - Curso 2023/24

O prazo para solicitar a reserva de praza nos centros de adscrición para o curso 2023/2024 será do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

Lembrar que aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Primaria, os centros de adscrición da EEI de Verducedo son o CEIP de Reibón e o CEIP de Seara.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva das seguintes formas:

  • de xeito manual (ver arquivo adxunto, modelo ED550A)
  • a través da aplicación Admisión Alumnado, no menú Solicitudes → Reserva → Crear:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action

Se se cubre o formulario dentro da aplicación, se xerará un código de solicitude co que se poderá facer un seguimento da mesma. Unha vez cuberto, poderase imprimir e entregar no centro, ou a través da SEDE ELECTRÓNICA (canle preferible de presentación):

Agasallos de Nadal

Parece que ademais de visitarnos os Reis Magos pasaron a deixarnos uns agasallos na escola.

No blogue do cole podedes ver as fotos dos chulísimos xoguetes que nos fixo chegar a ANPA:

Benvido 2023

Badaladas, chocolate con churros, visita das S.S. M.M. os Reis Magos de Oriente e festa, sobre todo moita festa.

Grazas a todas as familias por atopar un ratiño para compartilo con nós, e como di a canción que en el año que viene a ver si en vez de un millón pueden ser dos.


Visita de Papá Noel

Xa cheira a Nadal e na escola tivemos unha visita moi, pero que moi especial. Directamente de Laponia, coa súa barba blanca e o seu traxe vermello, nada máis e nada menos que Papá Noel. Mirade con que sorrisos o recibimos.

Distribuir contido