Envío especial

O venres pasado viñeron á nosa escola Susana e Serafín a recoller un pedido moi moi  especial. 

Que será será? Non volo podemos contar todavía pero pronto o descubriredes...

Ademais nos trouxeron un regalo para cada un de nós, o libro de Óscar y el león de correos. Moitísimas grazas pola vosa visita.
No blogue do cole podedes ver as fotos de esta visita tan especial:
 

Obradoiros internivelares decembro

Para os últimos obradoiros do ano escollemos a temática de nadal, en cada un dos obradoiros traballamos con opcións relacionadas con este tempo que tanta alegría e maxia ten.

25N

 

Hoxe, Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller, queremos compartir con toda a comunidade educativa un vídeo do noso alumnado xogando en igualdade e "apuntándose ao bo trato".

 

Magosto 2022

Por fin chegou o día no que voltamos a xuntarnos as familias da nosa Escola ó redor dun lume e comendo castañas e choripáns. 

Os pequenos gozaron dunha xornada de xogos nos que o deron todo para conseguir encher de selos o tique que lles permitía comer as castañas. Por suposto que todos e todas o pasaron pipa tirando da corda, encestando castañas, facendo equilibrios, derribando botes e correndo para que non lles quitasen o sitio. 

Para culminar esa xornada tivemos a sorte de contar con familias voluntarias que viñeron a preparalo todo para a merenda e para compartir con nós o fin de festa con lanzamento de trompos incluído ;)

Moitísimas grazas a todas as familias por participar.

Día das Escritoras e Día das Bibliotecas

Este mes, a  nosa Bibioteca está de celebración doble xa que o 17 de outubro celebramos o día das ESCRITORAS e o 24 de outubro o día das BIBLIOTECAS.

Temos a gran sorte de contar con numerosos exemplares na nosa biblioteca, e cunha amplia coleción de fondos escritos exclusivamente por escritoras, así que decidimos celebrar ambos eventos xuntos. Fixemos unha primeira escolla de libros e puxemos unha condición para o préstamo desa semana: todos e todas tiñan que escoller para levar a casa un conto escrito por unha muller. Houbo quen fixo doblete e se decatou de que o seu libro estaba escrito e ilustrado por mulleres. 

Obradoiros internivelares

Aquí vos presentamos un resumo dos nosos primeiros obradoiros internivelares deste curso!

Os cativos poideron disfrutar durante o mes de outubro dos obradoiros de :

-    ARTISTEANDO: pantasmas e morcegos

-    NATURARRRTE: pelochos peludos

-    EXPERIMENTE: cabazas con espuma deafeitar

Todos os nenos e nenas pasaron por todos os obradoiros gozando de todas as actividades, aprendendo e experimentando diferentes técnicas, texturas e creacións.

Samaín

Esta última semana os nenos e nenas da nosa escola estivémolo pasando de medo...

Fixemos obradoiros de cociña montruosa, decoracións, maquillaxes terroríficos e festas a escuras.
E, como non, merendola! Grazas familias pola cantidade de postres e doces terroríficos que trouxestes para compartir.
Distribuir contido