ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

O prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2023/2024 será do 1 ao 20 de marzo do 2022.

O modelo do impreso ED550B normalizado atópase ao final desta entrada nun anexo adxunto, aínda que a forma preferente de presentación da solicitude é a  Sede Electrónica (enlace directo ao procedemento) da Xunta de Galicia. As instrucións de como facelo atópanse en arquivo adxunto ao final desta entrada.

De cubrilo en papel, a solicitude deberase presentar no centro educativo que se elixa como primeira opción.

 Xunto co anexo cuberto deberedes anexar ou entregar unha proba documental da idade do alumno/a: fotocopia do DNI, ou de non telo, do libro de familia.

Lembramos que cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude (aínda que no formulario podedes pedir por orde de interese ata 6 centros).

O alumnado que continúa os seus estudos na EEI de Verducedo ten garantía de permanencia - de presentar solicitude noutro centro deberá comunicalo.

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN


https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-040222-0004_es.pdf

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.pdf

OFERTA DE VACANTES NA EEI DE VERDUCEDO PARA O CURSO 2023/24


 

CURSO VACANTES
4º Educación Infantil (3 anos) 22+3 (reserva alumnado NEAE)
5º Educación Infantil (4 anos) 17
6º Educación Infantil (5 anos) 15

 

ÁREA DE INFLUENCIA E CEIPs DE ADSCRICIÓN


 Zonas de: Berducedo, O Redondo, Paradela, O Rosal, A Marrúa.

Aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Primaria, a EEI de Verducedo está adscrita ao CEIP de Reibón e ao CEIP de Seara.

 

DATAS IMPORTANTES 


 

Solicitude admisión alumnado

1 ao 20 de marzo

Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido

Ata o 25 de abril

Listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido

Ata o 15 de maio

Formalización MATRÍCULA: ED550C

20 ao 30 de xuño

  

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS DA EEI DE VERDUCEDO


 Comedor

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2013/08/13/20130813_comedores.pdf
 

Transporte

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140610/AnuncioCA02-050614-0001_gl.pdf

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190327/AnuncioG0533-210319-0002_es.pdf

 

<!--break-->

AnexoTamaño
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB
ED550B-G.pdf1.38 MB
ED550B-C.pdf1.38 MB

Back to top