Skip to Content

Día do Libro Infantil

Día do Libro Infantil

Bos días amiguiñ@s do Alba, estanme chegando un montón de libros que vos gusta ler na vosa casa.

Algúns de vós envían a foto co seu libro favorito e outros compañeiros/as contan a historia que se atopa no libro.

Se pinchades nas imaxes do libro podedes oir o conto. 

Moitas  grazas  e podedes seguir participando. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2 de Abril Día do Libro Infantil e Xuvenil

OLA AMIG@S:COMEZAMOS ABRIL, O MES DOS LIBROS, QUE COMEZA CON ESTA CELEBRACIÓN DE HOXE. PORQUE UN 2 DE BRIL DE 1805  NACEU HANS CRISTIAN ANDERSEN QUE ESCRIBIU UNHA CHEA DE CONTOS: A SEREÍÑA, O TRAXE DO EMPERADOR, O REISEÑOR E MOITOS MÁIS.. SABÍADES QUE ELSA DE FROZEN  ESTÁ BASEADA NO SEU CONTO DA RAÍÑA DAS NEVES?

                                     

Se pinchades na imaxe de Andersen tedes unha pequena biografía. pinchando no Parruliño, veredes a curta de Diney do "Parruliño Feo". Se pinchades AQUI NESTAS LETRAS atoparedes a nosa proposta para este día. 

Un biquiño voador de:

ALBA, A FADA QUE NOS LIBROS ANDA.

Día do Libro Infantil

 

Boa tarde rapazas e rapaces:

O vindeiro 2 de Abril, celebraríamos na escola o Día do  Libro Infantíl e Xuveníl.

Agora que non o podemos celebrar na escola, queremos que o celebredes dende a vosa casa.

A proposta é a seguinte:

  •  Escolle un libro infantil, dos que te leen na túa casa, pode ser en galego, castelán ou inglés.
  •  Podes facer calquera de estas opcións:

                  ---- faite unha foto xunto o teu libro 

                  ---- podes contarnos o conto: a través dun video ou dunha gravación de voz.

Estarei agardando as vosas propostas, que serán publicadas a partir do 2 de Abril.

 

           

          

 

Distribuir contido


by Dr. Radut