Skip to Content

Plantamos chícharos

Onte aproveitando que facía un sol enorme decidimos que era un bo día para plantar as sementes dos chícharos que tiñamos na aula. 

Así que puxemos máns á obra e saímos ao xardín para comezar co traballo. 

Primeiro fixemos as tarxetas identificativas para non esquecernos do que plantamos, así non teremos dúbidas cando fagamos a colleita!

 

Despois collimos terra, fixemos os buratos cos dedos e engadimos as sementes. 

 

 

Unha vez feita a etiquetaxe buscamos un lugar bo na aula, onde teñan luz, estean tranquilas e podan medrar.

Agora só nos queda agardar e coidalas moi ben. Nuns días seguro que xa vemos algún cambio!!! Xa vos contaremos!!!



page | by Dr. Radut