O día 30 de Xaneiro conmemórase en todo o mundo o Día Escolar da Paz. Como este ano cadra en sábado celebrámolo o venres 29. Fixemos durante a semana faroles para alumear o noso camiño na escuridade. Tamén falamos sobre que significa a paz para nós e pensamos én fermosas expresións para compartir c@s demais. Contamos o conto : A nena e o farol" Aprendemos recitados e cancións que nos axudaban a describir e atopar a nosa propia luz.
Chegado o venres, puidemos desfrutar dunha instalación de luz que formaba camiños en forma de espiral, un con luces de cores e outro de luz branca. accedimos a ela na escuridade alumead@s cos nosos farois. percorremos os camiños, recitando ou cantando, facendo e desfacendo o noso camiñar. Compartimos entre tod@s unha fermosa e pacífica experiencia.
Así pudimos observar como a nosa luz interior danos forza, enerxía e vitalidade para levar acabo todo aquilo que nos propoñamos ou aquilo que teñamos que superar ou acadar.
NAMASTE!!!!!
Anexo | Tamaño |
---|---|
luz.mp4 | 6.23 MB |