Skip to Content

Febreiro 2023

DIA DE ROSALIA

O XOVES 23 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO, RECORDAMOS ALGÚNS DOS SEUS POEMAS MAIS FERMOSOS E LLE CANTAMOS O CUMPREANOS FELIZ!!!!!. QUE BEN O PASAMOS!!!!

 

 

 

 

 

 


As nosas Rosalías

Dende o Equipo de Biblioteca damos as grazas a SANDRA polos seus debuxos de Rosalía. Os Koalas fixeron a cara e ela fíxolles o corpo.

GRACIÑAS

 

                         

 

 

 

                             

Xa o temos aquí

Por fin !!!"! xa chegou o novo material que pedimos para xogar na mesa de luz da biblioteca: animais, letras , números, fichas de conteo, resaques de follas, cortapastas....

 

Que gañas de ter todo ordenadiño e poder empezar a xogar

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

HOXE 23 DE FEBREIRO, CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA.

TODOS XUNTOS VISIONAMOS UN VÍDEO SOBRE A  VIDA  DE ROSALÍA E

ESCOITAMOS UN POEMA.

NO PORCHE PEGAMOS PALABRAS E DEBUXOS NO TRAXE DE ROSALÍA.

PARA ILUSTRAR

O POEMA PEGADO NO MURAL

POR ÚLTIMO CANTÁMOSLLE UNHA CANTIGA POLO SEU ANIVERSARIO.

 

 

Contos con Cris de Caldas. Fearmaga

Hoxe tivemos a sorte de contar con Cris de Caldas e Xabi do Camiño  que coa súa música contáronnos unha chea de contos.

A maxia dos contos , díxonos, devólvenos a imaxinación e fainos gozar aportando un sentimento de felicidade e alegría.

 

 

 

 

 

Preparando o Día de Rosalia de Castro

Durante o mes de febreiro ademais da festa do entroido temos unha celebración moi especial O DÍA DE ROSALIA DE CASTRO.

Os nenos teñen que coñecer a súa obra, polo que os ratiños ques estamos na Biblioteca vemos contos, escoitamos audios dos seus poemas e facemos actividades interactivas para coñecer a súa obra.

Para esta ano escollemos o poema ALBORADA, e nos poñemos a traballar.

  Toca facer a ilustración: debuxo e texto    

 

    

 

 

 

 

Cartas dende o extranxeiro II

 

Xa temos a nosa primeira resposta. Abrimos o sobre con mitas ganas, era grande e contiña moitas cartiñas dentro.

En parellas escollemos unha carta, despois de leer o seu contenido tócanos responderlle.

De agasallos enviaron un imán e varias postais para que vexamos a cidade onde está a súa escola.

 

   

 

 

 



by Dr. Radut