Skip to Content

Novembro 2021

ACTIVIDADE A FUNDACIÓN

           FRANKESTEIN.... TREME O MEDO

Dende AFundación ofrécennos esta obra de teatro. 

 ¿Qué se puede esconder en un oscuro castillo perdido en las montañas? Puede que algo que no quiere ser descubierto o algo que espera que lo descubran. Una aventura donde dos investigadores tratan de saber si el legendario monstruo de Frankenstein existe o no.

Nova aventura dos tres porquiños

O curso pasado fumos unha das dúas escolas gañadoras do concurso de FEARMAGA, unha nova aventura dos tres porquiños.

Xa temos nas nosas mans as novas aventuras, esta vez, teñen que construir unha batea.

Coa axuda do lobo feroz???? pois teredes que esperar a que os koalas, canguros e elefantes os conten a aventura.

 

 

 

 

 

Iniciámonos no axedrez

Dende o CEFORE, tivemos unha donación moi especial Unha maleta de aprendizaxe con tres xogos de axedrez.

Os canguros foron os primeiros en botar unha partida contra  a mestra Laura.

Empezamos a xogar cos peóns, despois de sortear a pedra-papel-tesoira quen se quedaba coas brancas e comezaba a partida.

Cando teñamos dominado o xogo dos peóns introduciremos outra peza.

Animádevos a xogar cos vosos fillos/as na casa.

 

 

 

 

Experimento científico:Líquido, Sólido e Gasoso

Para celebrar o Mes da Ciencia, tivemos na escola a experiencia de Kais Jacob, investigador marino que traballa na Universidade de Vigo.

O tema anual da escola é investigar sobre a auga, a nosa investigación de hoxe precisa da auga.

O primeiro é preparar bolas de xeo, collemos os globos enchemos de auga e dous días o conxelador.

 

      

 

 

 Observamos os tres estados da auga: sólido, líquido e gasoso.

 

 

Equipo de teatro

Que gañas tiñamos de ter na escola o Equipo de Teatro.

Algo están xa a preparar ... se queres participar podes vir os Martes pola tarde a partir das 16:00h.

 

Rincón de aprendizaxes

Os espazos da nosa biblioteca estiveron cheos de actividades de celebración do Samaín: cabazas, bruxas, morcegos e robots.

 

 

 

 

 

 

 

 

CEFORE-VIGO maletas aprendizaxes

Este curso puidemos retomar o préstamos de maletas viaxeiras do CEFORE de Vigo. Dentro atopamos xogos para divertirnos en grupos.

 

 

 

 

 



by Dr. Radut