Skip to Content

Xaneiro 2021

Xogo de laberintos

Os nosos alumnos e alumnas , Tigres, Canguros, Koalas,levan facendo percorridos pola parroquia vendo animais ( cabras, cabalos, vacas, tartarugas...) e lugares ( panadería, centro cultural, cole de primaria, agropecuaria, pilón...) .

A Fada do Alba, deixou de agasallos para xogar na Biblioteca tres percorridos:

1. Percorrido con canicas , grazas o traballo do pai de Valentino

2. Xogo co escornabots con dúas opcións: localiza animais ou localiza edificios.

 

 

 

 

           

O inverno na Biblioteca

3º OBRADOIRO DE INVERNO

As actividades de inverno chegaron a MESA DE LUZ, iremos pouco a pouco xogando con elas.

1. Lápices de tiza para pintar na pizarra

2. Puzzles de Olaf para compoñer

3. Monecos de neve para decorar

4. Paisaxe de inverno: atapa obxeto escondidos nunha bandexa de xelatina

      

 

 
 

Hoxe unha gran sorpresa !!!!

Por fin.... levávamos esperando todo o trimestre, pero xa están aquí.

Tivemos que adaptar esta actividade a nova realidade da Covid-19, formarnos en novas tecnoloxía  e conseguir todos os medios necesarios. Todo esforzo ten unha boa recompensa.

Durante tres días, un para cada aula, tivemos a primeira sesión de contacontos cos avós e avoas do Centro de Día de Valadares.

 

     

 

      

 

     

 

En breve, colgaremos o conto que os avós e as avoas non leron.

Esperamos a seguinte sesión con moitas ganas.

 

                       ATA PRONTO E MOITO ÁNIMO



by Dr. Radut