Skip to Content

Decembro 2020

Día 16: sesión de cine navideño

 

 

 

Despois de abrir a caixiña, descubrimos que hoxe tocaba sesión de cine navideña, collimos a nosa entrada e fumos ata a Aula do Anano. 

Desfrutamos a película en compañía dos nosos amigos e amigas da aula e cunha piruleta pintalinguas.

Así de ben o pasamos.

 

 

 

As películas escollidas foron:

MARIMORENA EN NAVIDAD, LOS PINGU¡ÜINOS DE MADAGASCAR

STICK MAN

   

 

Se pinchades nos títulos podedes ver as películas

Visita Virtual a Puleva

 

Debido á pandemia, non é posibe realizar moitas das visitas que nos ofertaban antes.

Hoxe fixemos unha visita virtual a fábrica de leite Puleva

As súas instalacións están tan lonxe do noso colexio, esta era a única opción de poder coñecer o proceso de elaboración dos cartóns de brick da súa leite e batidos.

Algunhas cousas que aprendimos :

Número de camións e litros que entran a diario na fábrica, das explotacións gandeiras próximas.

Procesos de control e calidade dos distintos camións, nos laboratorios das fábricas.

Cubas nas que se deposita o leite a 150 º antes de ser envasada.

Vista aérea da fábrica de Granada

 

Rematamos a visita recollendo os agasallos que nos deron , polas nosas respostas as preguntas que nos fixo Maxi durante a nosa visita.

        

Enquisa nº2

 

Responde a estas preguntiñas sobre o teu almorzo, xa sabes que o obxectivo e cambiar os hábitos que non sexan bos nas vosas casas:

 

 

 Encántame recibir noticias vosas, podedes ver algunhas desas respostas.

 

 

 

 

Observade na gráfica o ben respondéchedes a estas preguntas:

3 de decembro: Todas baixo o mesmo paraugas

A nota que estaba gardada no calendario de nadal, na caixiña que correspondía ao día 3 de decembro, invitaba a celebrar o día das persoas con discapacidade,  fixemos uns imáns para levar á casa e vimos unhas curtas, falamos, reflexionamos sobre as diferencias dende a comprensión e o respecto porque todas cabemos baixo o mesmo paraugas.

OS KOALAS FIXEMOS UN IMÁN PARA A NEVEIRA E LOGO PUXÉMONOS TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS, COMO O GRAN EQUIPO QUE SOMOS!!!

 

 

OS CANGUROS FÁLAMOS DA NOSA DIVERSIDADE, TODOS SOMOS IGUAIS E DIFERENTES A VEZ, APRENDIMOS QUE ALGUNHAS PERSOAS COMUNICANSE CON PICTOGRAMAS PORQUE NON PODEN FALAR, OUTRAS NON VEN PERO SI FALAN, E OUTRAS NON ESCOITAN PERO LEEN OS LABIOS

APRENDER A VIVIR XUNTOS DENDE O RESPETO  E ALEGRÍA .

 

Dia Internacional das Persoas con Discapacidade

COMO CADA ANO, E XA VAN CATRO, UNÍMONOS Á CELEBRACIÓN DESTE DÍA PARA REIVINDICAR UN MUNDO MÁIS PLURAL, RESPECTUOSO E DIVERSO QUE ELIMINE BARREIRAS E 
CON OPORTUNIDADES PARA TODAS AS PERSOASPOR IGUAL.  ESTE ANO POR CAUSA DA COVID CELEBRÁMOLO NA ESCOLA. VIMOS ALGÚN DESTAS CURTAS QUE NOS AXUDAN AREFLEXIONAR SOBRE AS DIFERENCIAS, OS ATRANCOS E DIFICULTADES E COMO ENFRONTALAS.ADEMÁIS SON UNHAS CURTAS MOI DIVERTIDAS.QUE PODEDES VER EN FAMILIA.
 
TEDES PARA

2 de decembro: nova actividade da árbore de nadal

Hoxe na árbore de nadal, temos unha actividade na biblioteca con sorpresa: lectura dun conto de nadal, facer un agasallo para os avós e as avoas e probar turrón de nadal (duro e brando). 

     

 O conto que escoitamos titúlase:

O RENO DE NADAL.

Lucía a súa protagonista, escoita un tilín tilín...colle o abrigo e  o trineo e decide investigar...

 Despois da lectura do conto, puxemos todo o noso empeño en facer unha decoración de reno para adornar a árbore de Nadal , este agasallo será entregado no centro de Día de Maiores do Parque Tecnolóxico e no Centro D´Alba na Garrida.

 

 

 

 

 

E por ÚLTIMO, a recompensa dun traballo ben feito ... probamos o turrón que nos deixou a Fada.

 

            

 

 

 

               

Mes da Ciencia

 

 

Esta é a primeira vez que o traballamos na Biblioteca.

Podes ler o manifesto : "O feitizo da ciencia "pinchando na imaxe superior.

Comezaremos cunha actividade sinxela e moi importante para as nosas plantas da horta: A AUGA

A través destes videos aprendimos algunhas cousiñas sobre a importancia da auga na nosa vida e no obradoiro fixemos a molécula H2O.

 

 

 

 

 



by Dr. Radut