Skip to Content

Localización, Datos e Planos, Organigrama, Consello escolar, Profesorado, Secretaría, Comedor

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.

A dirección do centro facilitará as claves de acceso a cada sector da comunidade. 

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través das seguintes ligazóns:

Enquisa alumnado

Enquisa familias

Enquisa profesorado

Enquisa PAS

Queremos ser o teu Cole!

COMO SOMOS

Somos o Cole de Cea un centro educativo innovador e aberto que aposta por un modelo de ensino que integra coñecementos, valores e destrezas en todos os ámbitos da vida persoal e social.

Nun entorno natural e con grupos reducidos que favorecen unha atención máis personalizada, especialmente das NEAE (Necesidades Específicas de Atención Educativa), e inclusiva cara un proceso de formación de persoas críticas, cooperativas, creativas e capaces de adaptarse a situacións novas.

No Cole de Cea levamos adiante unha práctica educativa que fomenta valores e actitudes que enriquecen as nosas relacións persoais tanto dentro da escolar como coa contorna.

AS NOSAS PRIORIDADES

A comunicación. Potenciar o desenvolvemento de todas as linguaxes: oral, escrita, musical, plástica, corporal e audiovisual.

A diversidade. De xeito directamente relacionado cos dereitos humanos: a coeducación, a educación para a paz e a interculturalidade.

A educación ambiental. Potenciar actitudes de respecto, reflexión e análise cara ao medio ambiente e de implicación no seu coidado e mellora.

A NOSA OFERTA EDUCATIVA

Somos un Centro Público Integrado: Infantil, Primaria e Secundaria. 

Contamos con amplas instalacións recentemente reformadas.

Ofrecemos servizo transporte escolar, comedor de xestión propia e acollida temperá con almorzos no cole. Contamos con aula de música, 2 aulas de informática, aula de inglés, laboratorio de ciencias, aula de plástica, aulas específicas de PT e AL e Departamento de Orientación, aula de tecnoloxía, ximnasio, pavillón e patio de infantil pechado con mobiliario específico e areeiro para os máis pequenos, ademais de 3 grandes zonas de patios. 

O QUE FACEMOS

Somos un cole lector grazas á nosa Biblioteca Ramón Caride, facemos e escoitamos radio con Radio Roxar, estamos orgullosos da nosa revista O Picurí, melloramos as nosas destrezas narrativas con Conto Contigo, somos unha fábrica de contos con Applícate o conto, impulsamos a nosa convivencia con Boas maneiras, facemos os deberes co medio con Reciclemos o noso futuro, tomamos consciencia da contorna con O Noso, abrazamos carballos nos nosos Baños de Bosque, somos unha escola titiriteira co proxecto Nas Nosas Mans, cultivamos alimentos e paciencia na nosa Horta Escolar, participamos en Olimpíadas Académicas de Historia ou Xeoloxía e en Rallyes Matemáticos, cantamos en Ourencanto e bailamos e trouleamos no Serán do Cole de Cea. No Samaín creamos Debuxos, Contos e Banda Deseñada; desenvolvemos as nosas capacidades STEM na Hora do Scratch. Neste curso 2020-2021 está en marcha o proxecto Coido de min – Coido de Tipara fomentar o coidado mútuo en tempos de pandemia. Somos moi de festivais, tanto no inverno como no entroido, e facemos deles unha nova oportunidade de aprendizaxe complementaria. E somos unha auténtica factoría cultural coas nosas producións audiovisuais e musicais.

E ademais de todo isto o alumnado do noso centro acada unha excelente preparación e grande porcentaxe de éxito en etapas posteriores: Bacharelato, ciclos de Grao Medio e Superior.

 

Información Matrícula Curso 2021/2022 - Solicitude de admisión

O vindeiro 1 de marzo inicia o prazo para presentación de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022. A continuación detállase a información sobre o procedemento.

1. PRAZO DE PRESENTACIÓN 

 O prazo de solicitude de admisión vai do 1 ao 22 de marzo.

2. DESTINATARIOS

- Só debe solicitar admisión o novo alumnado de Infantil, Primaria e ESO. Os alumnos que xa están matriculados neste Centro teñen, automaticamente, a reserva feita para o próximo curso 2021/2022.

-Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

- O alumnado que ten reservada praza neste centro, no caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso, deberá facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.

3. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR

-   Anexo II (solicitude de admisión), debidamente asinado e cumprimentado. Pódese descargar aquí: Anexo II

- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (DNI do alumno, ou libro de familia)

- Certificado oficial do expediente académico, no caso de alumnado de Primaria ou ESO procedente doutro centro. 

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

4. MODALIDADES DE PRESENTACIÓN.

A solicitude de admisión e documentación adxunta poderanse presentar.

1. A través da aplicación informática “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Ou a través da Sede Electrónica da Xunta con "certificado dixital" ou "Chave365".

2. Por correo electrónico, scaneado unha vez cuberto e debidamente asinado, a cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.gal.

3. Na secretaría do centro, en horario de 10:00 a 13:00 previa CITA. Dada a actual situación, deberán  chamar ao centro 988783030, para poder ser atendidos.

-Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria.

 

Máis información sobre o procedemento e prazos para matrícula 2021-2022 no seguinte documento. Matrícula 2021-2022.

 

INFORMACIÓN SOBRE A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE E. PRIMARIA E ESO.

A  Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Serán beneficiarios de esta axuda os  alumnos e alumnas que cumpran algunha das seguintes condicións.

 - Pertencer a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Referente a declaración da renda do 2018)

- Estar matriculado en educación especial

- Estar suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia

- Ter un grado de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

Ten dereito a esta axuda o alumnado matriculado en educación primaria ou educación secundaria, que fose beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.  Neste caso, non é preciso presentar ningunha solicitude.

Por outra banda, aquelas familias que foron excluídas desta axuda por motivos de renda, quedan automaticamente excluídas da axuda, pois os criterios son os mesmos.  

No caso de que algunha familia non teña presentado axuda de material  para o curso 2020-2021,  ou fose excluída da axuda por un motivo diferente á renda, e cumpra algunha das condicións indicadas, poderá presentar a solicitude no centro educativo, previa cita, entre o 16 e o 27 de novembro. Solicite cita chamando ao 988282169.

Comunicado a toda a comunidade educativa en relación á situación derivada da COVID 19 no noso centro

Comunicado a toda a comunidade educativa en relación á situación derivada da COVID 19 no noso centro:

Despois dos casos detectados a semana pasada no centro educativo queremos comunicar que aquelas persoas que deron positivo en PCR atópanse ben de saúde.

Asimesmo, todas as PCR practicadas aos demais membros da comunidade educativa que foron cualificados como contactos estreitos polas autoridades sanitarias deron negativo.

Queremos agradecer o compromiso e a comprensión amosada por alumnado, profesorado, pais, nais e demais membros da nosa comunidade educativa durante esta semana.

Debemos seguir cumprindo o protocolo coa mesma responsabilidade amosada ata o de agora e agardamos poder voltar á plena normalidade na semana que ven.

MENU ESCOLAR MES DE SETEMBRO

PODESE CONSULTAR E DESCARGAR O MENÚ DESTE MES NA SEGUINTE LIGAZÓN.

 

MENU DE SETEMBRO

LISTAXES PROVISIONAIS DE EXCLUIDOS E ADMITIDOS. FONDO LIBROS 2020-2021.

Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de excluidos e admitidos nas axudas de Fondo Libros 2020-2021 de Educación Primaria.

Atendendo á lei de protección de datos, as listaxes so poderán consultarse no centro, en horario de 10:00 h a 13:30 h. Tamén poden solicitar dita información no teléfono 988282169, no mesmo horario.

As listaxes definitivas, coa asignación de libros por alumno e curso publicaranse o xoves día 16, polo mesmo procedemento.

Para Educación Secundaria, as listaxes publicaranse en setembro, unha vez finalizados os exames.

Lembramos que durante esta semana poden recoller os vales de libros e material na secretaría do colexio.

 

LISTAS DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

Nas seguintes ligazóns podedes consultar e descargar as listas de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.

 

LIBROS INFANTIL CURSO 2020/21

LIBROS PRIMARIA  CURSO 2020/21

LIBROS SECUNDARIA CURSO 2020/21

A ATENCIÓN DAS FAMILIAS: INFORMACIÓN SOBRE DATAS E TRÁMITES PENDENTES DE FINAL DE CURSO.

O vindeiro martes día 23 de xuño, serán publicadas as cualificacións finais do alumnado para o curso 2019/2020. Atendendo ás recomendacións da Consellería de Educación, non se entregarán en papel, serán enviadas a través da plataforma de ABALAR Móbil.

Unha vez publicadas as notas, se as familias queren solicitar  unha titoría, poderán facelo polo ABALAR Móbil ou chamando ao teléfono do centro. 

O prazo para reclamacións en ESO será os días 23 e 25 de xuño.

 Ese mesmo día comeza o prazo para realizar os trámites habituais de final de curso. Para evitar aglomeracións e desprazamentos innecesarios, establécense de novo  quendas por cursos. Pregamos que acudan ao centro preferentemente na quenda correspondente, para realizar os seguintes trámites (AS FAMILIAS CON VARIOS FILLOS/AS PODERAN FACER OS TRÁMITES DE TODOS O MESMO DIA, NA QUENDA QUE PREFIRAN):

- Matrícula curso 2020/2021 (proporcionado polo centro/ pódese descargar aquí: matricula_inf_prim    matricula_ESO

- Devolución de libros de texto  de Fondo Solidario

- Devolución de libros da biblioteca  e mochilas viaxeiras

- Solicitude de comedor, e impreso para colaborar no comedor para os interesados/as (porporcionados polo centro/ pódense descargar aquí: solicitude comedor   impreso colaboración comedor)

- Recollida de material do alumnado que quedou no centro.

IMPORTANTE:  As familias deberán traer os libros de texto, libros da biblioteca e mochilas viaxeiras nunha bolsa de plástico, onde se indique  o nome e curso do alumno/a, que serán depositados nun lugar habilitado para tal fin.

         MARTES 23 XUÑO e XOVES 25 XUÑO : Matrícula de  4º E 5º de Educación Primaria

         VENRES 26 DE XUÑO A MARTES 30 XUÑO:  Matrícula de 6º de Educación Primaria e 1º de ESO

         MÉRCORES 1 XULLO  A VENRES 3 DE XULLO: Matrícula de  1º, 2º e 3º  de Educación Primaria

         LUNS 6 E MARTES 7 DE XULLO:  Matrícula de  2º, 3º e 4º  de ESO (SOLO ALUMNADO QUE APROBOU TODO EN XUÑO).

          MÉRCORES 8 A VENRES 10 DE XULLO : Matrícula de Educación Infantil.

 

SOLO PARA ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO.

O alumnado que se matricula por primeira vez no centro, deberá achegar a seguinte documentación (só  aquela que non entregou na solicitude de admisión)

- Impreso para a Certificación Médica (proporcionado polo centro/pode descargala aquí: certif_medica)

- Fotocopia do Libro de Familia (follas onde están os país e o alumno/a)

- Fotocopia do DNI do alumno (se o ten)

- Fotocopia do DNI dos pais

- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria ou Cartilla do Seguro.

- Certificado de empadroamento  (pedilo no Concello)

- 6 fotografías tamaño carné (recentes)

- Se procede doutro centro: Certificado de estudos que está a realizar

 

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21 - DATAS PREVISTAS

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

(3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º,2º,3º e 4º de ESO)

-        Listaxe provisional admitidos/excluídos: 10 de xullo de 2020

-        Reclamacións á listaxe provisional: 2 días seguintes á publicación da listaxe

-        Listaxes definitivas:

                 -     3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: o 20 de xullo

             -     1º, 2, 3º e 4º de ESO: o 14 de setembro

A entrega de libros farase ao comezo do próximo curso (setembro)

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

(1º e 2º de EP)

A entrega de vales será do 13 ao 17 de xullo ou a partir do 1 de setembro.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A entrega de vales será do 13 ao 17 de xullo ou a partir do 1 de setembro, excepto para o alumnado de ESO que teña materias pendentes que será en setembro, unha vez pasados os exames.

 

LEMBRÁMOSLLE QUE O PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE REMATA O 19 DE XUÑO (TANTO PARA PRIMARIA COMO PARA SECUNDARIA)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut