Skip to Content

blogue demaite

LISTAS DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

Nas seguintes ligazóns podedes consultar e descargar as listas de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022.

Libros de texto Educacion Infantil curso 2021/22

Libros de texto Educacion Primaria curso 2021/22

Libros de texto Educacion Secundaria curso 2021/22

 

Achegamos tamén o calendario para Setembro.  Pódese descargar aqui : Calendario_setembro_2021

Calendario de Setembro

Estimadas familias, achegamos o calendario de setembro

AVISO IMPORTANTE. AXUDAS DE CARÁCTER DIRECTO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR .

 

En relación ás axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor  escolar  nos  centros  públicos, lembramos que na medida do posible, a presentación das solicitudes deberá facerse a través da sede electrónica da Xunta, podese acceder  a través desta ligazón:

ED601B - Ayuda extraordinaria comedores escolares.

Aquelas familias que non consigan solicitar a citada axuda a través da sede electrónica, deberán proporcionar ao centro os seguintes datos:

- Nome, apelidos e curso dos alumnos/as beneficiarios da axuda.

- Número de conta bancaria na que se quere recibir a axuda (IBAN).

Nome e apelidos do titular da conta (TEN QUE SER NAI/PAI/OU TITOR LEGAL DO ALUMNO)

       Para enviar estes datos, todas as familias recibirán unha mensaxe polo ABALAR Móbil. Deberán responder á mensaxe incluíndo os datos nela.

       As familias que non reciban a mensaxe ou teñan dificultades para responder, poden chamar ao teléfono do centro en horario de 10 a 13, ou escribir a cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.es

Axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

A Xunta acaba de publica a ”ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor  escolar  nos  centros  públicos  non  universitarios  xestionados  por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia  do  COVID-19,  co  levantamento  dos  prazos  de  suspensión  do procedemento (código de procedemento ED601B)”, que a podedes ver no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf.

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

Para estes efectos, determínase que o prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.

Respecto dos seus efectos temporais, esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

A presentación das solicitudes deberá facerse a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA

e poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Soamente nos casos que sexa imposible para as familias facer esta solicitude  a través da sede electrónica e que así o acrediten, poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude.  Para estes casos, publicarase nos vindeiros dias o precedemento a seguir.

O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 31 de marzo de 2020 e remata o 6 de abril de 2020, ambos os dous incluídos

Información para as familias: indicacións para os vindeiros días.

Debido á nova situación na que nos atopamos, e tal e como indica a Consellería de Educación, cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, debe establecer un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.

Atendendo a estas indicacións, dende o CPI Virxe da Saleta establecemos as seguintes canles de comunicación:

- Comunicacións xerais de centro, a través na nosa web, facebook e twitter.
- Comunicacións do titor ou profesor coas familias, vía telemática, a través da aplicación ABALAR MÓBIL.

Recomendamos a todas as familias que non teñan a aplicación instalada que a descarguen e a instalen nun dispositivo móbil. 

DESCARGA ABALAR PARA ANDROID

DESCARGA ABALAR PARA IOS

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Nas seguinte ligazón atoparedes un manual de instalación e uso para as familas.
Manual para as familias

As titorías faranse via telefónica, previa cita. Preferentemente se solicitará a titoría a través da aplicación ABALAR MÓBIL, ou se esto no fose posible, no teléfono do centro 988 28 21 69 en horario de 10.00h a 13.30h.

Calquera outra dúbida, no mesmo número e co mesmo horario.
Grazas a todos pola colaboración.

DOCUMENTACION XERAL DE CENTRO

     

Nas seguintes ligazóns pódense consultar as  adaptacións das Programacións Didáctias derivadas da suspensión da actividade lectiva.

PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS INFATIL E PRIMARIA- TITORÍAS

PROGRAMACIÓN ADAPTADA INGLES PRIMARIA

PROGRAMACIÓN ADAPTADA MÚSICA PRIMARIA

PROGRAMACIÓN ADAPTADA ED. FÍSICA PRIMARIA

PROGRAMACIÓN ADAPTADA PLÁSTICA PRIMARIA

PROGRAMACIÓN ADAPTADA LIBRE CONFIG. PRIMARIA

PROGRAMACIÓN ADAPTADA RELIXION PRIMARIA

PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS ESO

PROGRAMACION ADAPTADA RELIXIÓN ESO.

Nas seguintes ligazóns pódese consultar o Proxecto educativo de Centro, e outros documentos relacionados coa xestión e organización do noso centro educativo.

 

      PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO

 

      NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

 

      PLAN DE CONVIVENCIA

 

      PLAN DE ACOLLIDA

 

      PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

 

      PROTOCOLO DE COMEDOR

Ligazón os recursos antigos

Aquí temos os recursos antigos

Tecnoloxía

Por fin a nova páxina

Por fin o meu primeiro artigo na nova páxina.... NON FOI SEN TEMPO...

Distribuir contido


by Dr. Radut