Skip to Content

contador gratis para blog

6º Infantil

NADAL 2013

Con motivo do Nadal adornamos o edificio de Infantil...así nos quedou

 

OS REIS MAGOS VISITARON OS NENOS DE INFANTIL...VEDE CON QUE OLLIÑOS OS MIRABAN!!

Ande ande ande, o cole de Cea

Ande ande ande, o cole de Cea, ande ande ande que hoxe está de festa. Así remataron os nosos Cantos de Nadal 2013 todos xuntos, alumnado e profesorado cantando para despedir o 2013. Xuntámonos no ximnasio, que é un lugar con non moi boa acústica, para botar unhas panxoliñas. Pero non hai nada que non solucione o entusiasmo e o bo facer das nenas e nenos do cole. E así foron sonando: The First Noel, dos de sexto, Vinde ver o neno con quinto de primaria, Con un sombreiro de palla co alumnado de segundo ciclo, Tan tan os do primeiro e un repertorio variado interpretado polos de Infantil. Todo enlazado cunhas presentacións super divertidas dos de 4º da ESO. Entre elas o gran éxito do sketch do ano pasado: O Sacho Antón, que pronto poderedes ver no youtube. A foto ilustra exactamente ese momento no que Jota e Crespo interpretan esa teletenda tan disparatada.

#500 préstamos na biblioteca

Aló polo mes de outubro informámosvos dende esta web e dende as nosas redes sociais twitter e facebook que o equipo da biblioteca puña en marcha unha iniciativa de fomento do préstamo chamada Cestas Literarias. Cada usuario que levou un libro para casa neste trimestre optaba mediante unha rifa ao sorteo dunha cesta de libros. Este xoves sortearemos aos gañadores. De momento deixámosvos unha foto das cestas e a nova de que acadamos o número 500 nos préstamos da nosa biblioteca escolar.

 

O MAGOSTO

Como non podía ser menos fixemos unha gran festa para celebrar o día do Magosto, xogos, música e ...moitas castañas asadas!!!

 

MANDILÓN DE ENCARGADO

Empezamos curso e...estreamos mandilón!!

O mandilón de encargado foi un éxito, os alumnos están impacientes porque chegue o seu día para poder lucilo.

Panxoliñas que viaxan no tempo

É un auténtico privilexio e unha honra que nos visiten as Avoas da Residencia A Saleta de Cea. Elas son as auténticas portadoras do noso patrimonio inmaterial. Xoias que viaxan no tempo grazas a súa memoria. Estamos falando de cantigas, estrofas, refráns, ditos, lendas, pequenas e grandes historias do nadal. Anécdotas tan bonitas como a de aquela nena que lle pediu un año aos Reis Magos e para a súa sorpresa, trouxéronllo. Ou aquela outra que foi quen de escribirlle unha carta a Franco pedíndolle unha bicicleta. Aquí tedes un anaquiño da súa visita. A escola está viva cando abre as súas portas á comunidade, e os nenos reciben un grande regalo interxeracional coa súa visita.

Magosto para todas

Uns cantos xogos populares, o auténtico mestre asador de castañas coa súa escumadeira máxica e unhas cantigas populares e xa temos a festa. Que viva o magosto participativo das nenas e nenos de Cea.

Alegría!!

Día Escolar pola Paz e a Non Violencia 2013 celebrado no CPI Virxe da Saleta. Celebramos a alegría. A alegría de estar xuntos, de compartir a nosa vida neste centro escolar. Coa forza da felicidade pódense derrubar os muros das inxustizas e da pobreza. A nosa ledicia pode cambiar o mundo. E que mellor xeito de amosalo que cantando todos xuntos esta canción tan bonita do brasilego Sergio Tannus. A canción aparece no disco María Fumaça editado por Galaxia.

TREN TURÍSTICO

Como actividade final do "Plan de consumo de froita nas escolas" fixemos unha viaxe no tren turístico de Ourense .O remate da viaxe os alumnos disfrutaron dunha merenda saúdable con froitas da tempada nun parque da cidade.!Pasámolo xenial! 


Unha vez máis, gracias  familias ,pola vosa colaboración e participación neste proxecto.

Distribuir contido


by Dr. Radut