Skip to Content

Biblioteca

Programa de Voluntariado na Biblioteca

Velaquí aos quince alumnos de 5º e 6º de primaria que durante este curso 2013­/2014 están a colaborar de forma voluntaria coa biblioteca escolar do CPI Virxe da Saleta de Cea. O grupo está integrado por once alumnos de 6º (Xosé, Carla, Fabio, Vanesa, Laura, Andrea, Santi, Alba, Alicia García, Álex, e Gisela) e por catro de 5º (Xiana, Rocío, Sara e Alicia Nogueira). Estes quince voluntarios agrúpanse en 3 equipos de 5 alumnos cada un e, unha vez á semana, traballan  baixo  a  tutela  de  Mercedes, a  titora  de sexto, en  tarefas  tan  diversas  como: ordenar fondos, colocación das etiquetas no lombo, deseñar logos e lemas para as diversas  actividades de dinamización da lectura, organizar a biblioteca, etc.

Amantes da música clásica

Velaquí aos compoñentes do grupo de afeccionados á música clásica, que todos os mércores se reúnen na biblioteca durante o recreo da tarde e que, baixo a batuta do profesor de Historia, escoitan e comentan pezas de música clásica.

Durante este mes eles son os protagonistas do "Conto contigo": os mércores, durante a hora de ler de primaria (de 16:00 a 16:30 horas), contarán o conto de "Pedro e o lobo" aos máis pequenos, alternando a narración do mesmo coa visualización da versión animada de Disney e, principalmente, coa audición da famosa sinfonía de Prokofiev.

 

Ciclo de Cinema no CPI

No CPI Virxe da Saleta seguimos dando pasos cara adiante na construcción da nosa Comunidade de Aprendizaxe. Cremos que a implicación de todos os axentes que inflúen na educación é fundamental para acadar o éxito escolar e a igualdade educativa. Por iso é que poñemos en marcha proxectos como o I Ciclo de Cinema: Cinema e Educación. A partir deste venres día 7 proxectaremos unha película cada primeiro venres de mes (agás o venres 9 de maio xa que o 2 é ponte). Nesta primeira ocasión apostamos polo cinema que pon a educación, os seus retos e conflictos, en primeiro plano. Catro filmes de nacionalidade francesa cos que queremos fomentar o debate e a reflexión sobre os procesos educativos. Estades todas e todos convidados, vémonos este venres ás 20:00h na Biblioteca do centro, onde proxectaremos Ser y Tener do documentalista Nicolas Philibert do ano 2002.

#500 préstamos na biblioteca

Aló polo mes de outubro informámosvos dende esta web e dende as nosas redes sociais twitter e facebook que o equipo da biblioteca puña en marcha unha iniciativa de fomento do préstamo chamada Cestas Literarias. Cada usuario que levou un libro para casa neste trimestre optaba mediante unha rifa ao sorteo dunha cesta de libros. Este xoves sortearemos aos gañadores. De momento deixámosvos unha foto das cestas e a nova de que acadamos o número 500 nos préstamos da nosa biblioteca escolar.

 

O PICURÍ Nº 6 (2006)

Ler ten premio

Durante o presente trimestre cada vez que leves un libro para ler na casa recibirás unha rifa para participar no sorteo dunha cesta literaria. Este sorteo celebrarase no Nadal entre todos os participantes. Sortearanse seis cestas, unha por ciclo de cada etapa. Anímate a ler e terás premio. Canto máis leas máis posibilidades tes de gañar unha das cestas.

O luns día 7 reabre a biblioteca

O Picurí nº 9 (2013)

 

BIBLIOTECA:RECUNCHO INFANTIL

Os/as nenos /as de Infantil disfrutan da biblioteca e da máxia dos libros.

Na biblioteca realizánse diferentes actividades  lúdicas para fomentar a lectura.Os/as nenos/as cada venres elixen  un conto para levar a casa e disfrutar ca súa familia.

Ilusión ,máxia ,fantasía e o que transmiten estos/as nenos/as cada día.

A árbore dos libros

Temos unha boa nova que vos dar, unha árbore agromou no noso corredor. É unha especie singular, case única. Trátase dun raro exemplar de quercus literarus. Por flores ten as portadas dos nosos libros favoritos e as súas follas animan á lectura con frases famosas.

Distribuir contido


by Dr. Radut