Animación á lectura
Inauguración da biblioteca!
Enviado por Raquel o Lun, 10/10/2022 - 12:49O venres, 7 de Outubro inauguramos a biblioteca do cole, que este ano abriu con moitas novidades e cunha organización renovada e mobiliario novo...Esperamos que vos guste tanto coma nos...
CONTACONTOS DE KALANDRAKA: CANTAROLAS DE PACO NOGUEIRAS E VISITA DO CEIP DE AS NOGAIS
Hoxe 1 de xuño de 2016, as profes de infantil e primaria convertíronnos nuns estupendos anfitrións, acollendo aos nenos e nenas do CEIP de As Nogais para unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka. Pero antes tivemos a sorte de poder xogar todos xuntos a ping pong, no caso do máis maiores, ou á oca, parchís, pintura con témperas e rodillos, etc. no caso dos máis peques. Ás 12 horas entramos na biblioteca e alí nos esperaba Paco Nogueira, co seu acordeón para contarnos e cantarnos historias de Cantarolas (do recentemente desaparecido Neira Vilas).
DÍA DA BIBLIOTECA 2015
Hoxe celebramos o día da biblioteca no centro e Marga a nosa encargada da biblio preparounos coa colaboración dos demais profes esta estupenda exposición.
»
O NOSO PROFE JAVI PREPÁRANOS UNHA XENIAL E COMPLETA EXPOSICIÓN DE CÓMIC MANGA PARA O DÍA DO LIBRO
Aquí quedan fotos dunha pequena parte desta impresionante exposición nos corredores do centro. Grazas Javi!!
